Contos animados
Espectáculo de contacontos con maxia, monicreques, diversión e moito máis.
Onde os libros, as histoiras e os animais -e que animais!- son protagonistas.

Espectáculo de contacontos con maxia, monicreques, diversión e moito máis.
Onde os libros, as histoiras e os animais -e que animais!- son protagonistas.
De todos os espectáculos de contos que Caxoto nos trae este é o que mellor se adapta a espazos exteriores (prazas, parques, campeiros, ...) Nel un barrendeiro fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, ... todo mesturado con xogos, cantigas, ... un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.
A avoa de Marita sempre dicía que tardara en falar… pero que, cando arrincou, o que lles preocupa é que non dera calado… sobre todo porque contaba moitas das cousas que escoitaba! Pero é que, claro, hai cousas que merecen ser contadas: ben porque os presenciou en directo ou ben porque llas confiaron os protagonistas. Así nacen os contos e as contadas. Neste caso, unha e pequena, coma ela. Historias propias e alleas, contadas con moito ritmo, retranca e humor fresco.
Un contacontos para aprender a viaxar dunha forma moi especial nestas vacacións!
Actividade aberta a todo o público
Ser galego é doado? Depende. Os galegos temos un xeito de ser característico e diferenciado e historicamente téñense empregado tópicos derivados del para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastrásemos algo de autoxenreira.
Carapuchiña e os cinco lobiños é un espectáculo de narración oral e música onde a grande protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun lobo, hai cinco lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta.
A combinación da narración de Ángeles Goás e a música de Cristina Castro crea un ambiente no que os máis pequechos e pequechas da casa estarán entretidas e gozarán coa familia.
Unha peza infantil e familiar que permite achegarlle á xente miúda da casa a obra de Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo únese ao músico Luís Iglesia nunha proposta que repara na súa faceta de xornalista e máis na de narradora e revisora de mitos. Porque... que pasaría se por arte de maxia conectásemos en directo coa Circe de Begoña ou chamase á radio Morgana desde Esmelle? Acaso Penélope tecería a actualidade deste mundo? Todo será posible para quen acompañe a emisión do programa radiofónico As mil e unha, cheo de historias e de música que nos achegan a Begoña Caamaño.
EXTRA!” é un espectáculo musical de Paco Nogueiras baseado no libro-CD editado por Kalandraka. Un divertido “xornal musical” no que as noticias se converten en cancións cheas de humor, ritmo e participación. Sucesos sorprendentes, deportes, cultura, opinión, pasatempos e información curiosa chegan ao escenario a través de melodías modernas, pegadizas e bailables. Unha proposta dinámica e alegre que invita o público a cantar, bailar e mirar o mundo con imaxinación. Porque en “EXTRA!” as noticias tamén se poden cantar… e berrar ben forte: EXTRA! EXTRAAAA!!!
Idade: de 4 a 12 anos.

“O Grúfalo”, baseado no clásico de Julia Donaldson, conta como un pequeno rato utiliza a intelixencia e a imaxinación para escapar dos perigos do bosque. “Shhh! Temos un plan”, inspirado no libro de Chris Haughton, fala da amizade, da liberdade e dos plans que non sempre saen como esperamos. Completa a sesión “Na fraga”, unha proposta creada a partir da tradición oral galega, chea de animais, árbores e sorpresas.
Idade: de 4 a 12 anos.
Duración: 45 minutos.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 dende o 15 de xuño.