Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A viaxe de Nano

Nano está a aprender o nome das cousas, as cores, aos poucos, todo o fai xogando ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío: -Non!, di Nano, a auga é miña…

Bebeconto para nenas e nenos de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. 

Para asistir é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior a actividade ben presencialmente ou chamando aos teléfonos : 988 788385 /386.

Só se poderán reservar 2 prazas por chamada. 

Galego

Mitos, lendas e cantigas: homenaxe a Begoña Caamaño

Mitos, lendas e cantigas é un espectáculo de narración oral e música en directo inspirado na obra de Begoña Caamaño, que revisita a mitoloxía clásica desde unha perspectiva feminina. 

A través de romances, cantigas e palabra contada, recupera figuras como Circe, Penélope ou Morgana, poñendo en valor o papel das mulleres no mito e na tradición oral. 

Unha proposta para público familiar que combina, patrimonio, creación contemporánea e igualdade. 

Duración: 45 minutos

Público familiar ( a partir de 4 anos) 

Galego

Contos con xeito

Atención nenos e nenas os "Contos con xeito" chegan a vosa vila. Divertidas historias acompañadas de música e cancións. Algunhas darán un chisco de medo e outras moita risa! Veñan a gozar dos contos!

Data e hora: venres 8 de maio ás 18.00 h.

Público destinatario: familiar, a partir de 3 anos

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala.

Galego

Cantacontos Kalandraka. Tania Justo

Concerto e obradoiro destinado aos máis cativos no que iniciarémolos á lectura mediante os libros da editorial Kalandraka, concretamente a serie ‘Do berce á lúa’, contando a maioría deles e cantándoos xuntos.

Duración: 30 minutos.

De 0 a 3 anos.

Inscrición previa, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445, dende a o luns anterior á actividade.

Galego

A Moura vella

A Moura vella é un espectáculo que narra historias sobre as mouras, seres máxicos de Galicia que habitan baixo terra ou baixa a auga. Pero o mesmo tempo, tamén fala das pequenas cousas que son necesarias.

Idade: de 4 a 12 anos.

Duración: 45 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral