Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos para celebrar as Letras

Unha sesión de contos para gozar, deixar voar o maxín e coñecer algúns dos legados deixados na nosa terra por Begoña Caamaño, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

No salón de actos. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala (70 persoas)

 

Galego

Melisa perdeuse

Melisa, unha pequena abelliña, pérdese no bosque cando desaparece o sol. Na súa viaxe, recibe a axuda de distintos animais e, grazas á luz dun vagalume, consegue atopar o camiño de volta á súa colmea e regresar ao fogar. Con ilustracións en directo de Helder Rodrigues.

Despois do conto, realizaremos un obradoiro de chapas e as nenas e nenos poderán deseñar as súas propias creacións inspiradas na historia de Melisa.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 4 a 10 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala (70 persoas)

Galego

Bichocas

Celebramos do "Día do Libro" con Bichocas, un espectáculo dedicado á primeira infancia onde os obxectos e a palabra fannos viaxar a través do mundo animal.

As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir cós demais os seus afectos.

Actividade para bebes de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.  As inscricións poden facerse dende o venres anterior a actividade ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386

Só se poderán reservas 2 prazas por chamada.

Galego

Glup! - Bebeconto con Ramiro Neira

Comezamos as sesión de contacontos na bebeteca do mes de abril con Ramiro Neira e "Glup" 

Hai momentos para compartir ... ten que haber momentos para compartir!

Hai que levar aos nenos á garde, ir traballar, recollelos, facer merca, ir ao banco, ao médico, coller o teléfono, voltar á oficina, levalos ao parque ...

Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos gozar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno .. é o momento do baño! Onde as burbullas de xabón convértense en historias, soños, contos ...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral