Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Que mundo é este?

Contos para os mais cativos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, se mergullarán en historias de simpáticos personaxes que, coma eles, están a descubrir o mundo que os rodea

Para nenos/as de 0 a 3 anos (20 prazas)

Duración: 30 minutos

Hora: 12:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Galego

A rapeira do Lérez

Rosalía é unha saramaganta  que fai rap e que vive onde o río Lérez é un regato...un día perderá a inspiración o que fará  que teña que facer unha longa viaxe río abaixo.

Data e hora: venres 20 de marzo ás  18.00 h.

Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos.

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da  sala.

Galego

Froitas : contos e cantos para bebés

Sesión de contos con música para bebés, na que nenos e nenas aprenderán a nomear as  froitas, as árbores e os animaliños da granxa.  Nesta divertida sesión con música en directo, gozarán de contos e cancións nos que a natureza é a protagonista.

Unha actividade na que os nenos e as nenas compartirán con aqueles que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola natureza, a literatura, a música e a tradición oral.

 

Data e hora: venres 6 de marzo ás 17.00 h.

Galego

Gabinete Mirabilia

Achéguense ao GABINETE MIRABILIA! Aquí poderán apreciar pezas moi peculiares, rarezas, abraios e as máis incribles curiosidades...marabíllense coa fauna imposible e as criaturas máis extravagantes da natureza! Contemplen pequenas obras de arte e escoite misterios inexplicables... Nesta fantástica colección cada obxecto ten a súa historia...ou cada historia ten o seu obxecto?

Galego

Agasallo das árbores

Moitas son as persoas que coñecen os tres porquiños máis famosos do mundo dous contos, pero case ninguén sabe da historia do seus pais e de como foron criados entre as árbores do monte galego e contos de Igualdade. Todo isto seino eu porque mo contou a avoa Carmela que moito sabía dous contos de sempre. Ela, a avoa Carmela, tiña un traxe de superheroína que semellaba un mandilón negro de viúva. Cando sacaba dun dous seus petos, un bocadillo de mortadela, había conto para a meniña.

Galego

O monstro de cores

O MONSTRO DE CORES espertou algo confundido: todas as súas emocións mesturáronse e agora non sabe que lle pasa. Para poñer orde neste caos, contará coa axuda da súa amiga, unha nena chea de curiosidade e ganas de axudar. Monstro e nena vivirán unha divertida e emocionante aventura onde aprenderán a recoñecer, nomear e expresar sentimentos como a alegría, a tristeza, o medo, a rabia e a calma. 

Galego

A poesía tamén conta

Celebramos o Día da poesía co contacontos A poesía tamén conta da man de Charo Pita. Esta é a chave do reino da poesía. Rimas, cancións que son poemas, poemas que se bailan, poesías que se miran, que fan rir, chorar, que nos arrolan. O reino da poesía é tan grande como a música, tan intenso como a palabra. Cábenos na boca, nas orellas, na mirada. No reino da poesía todo é xogo, todo é conto. Xogamos? Contamos?

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O 90% é verdade

O curioso caso dunha familia con tres nais e un feixe de peculiares veciños. 

O instinto cómico de José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal até que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores poden gozar na televisión ou nos escenarios da arte de Isi para convertir os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar da risa. 

Galego

30 anos a contar historias. Notas de rodapé

Quico Cadaval leva trinta anos a calcar os distintos camiños da memoria e da imaxinación. Tende a perderse e a reatoparse, sempre coa axuda do público. Os seus espectáculos pertencen a un movedizo mundo escénico que foi definido de distintas maneiras. Teatro da palabra, narración oral escénica ou literatura ao vivo, foron alguns dos xeitos de designalo. É un espectáculo mestizo entre o conto de lareira, o cabaret literario e o teatro épico. 

Galego

Bolboretas

Bolboretas é un espectáculo de narración oral para público infantil e familiar no que as protagonistas son nenas e mulleres que escoitan o seu corazón e atrévense a cambiar o seu camiño. A través da voz de Laia e dun baúl cheo de recordos chegan contos cheos de imaxinación, humor e emoción. Relatos próximos e poéticos que convidan ás máis pequenas e pequenos a pensar na axuda, na identidade e na forza de contar xuntas.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral