Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contiños na biblioteca - martes 3

Se tes entre 4 a 6 anos vente á biblio a escoitar historias cheas de imaxinación.

Mentras dura a sesión, as nenas e nenos quedarán sós coa contadora para gozar do conto en calma.

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Galego

Glup!

Hai momentos para compartir….Ten que haber momentos para compartir!!!!

Hai que levar ós nenos/as á gardería, ir traballar, recollelos na gardería, facer a compra, ir ó banco, ó médico, coller o teléfono, voltar á oficina porque tivemos un problema no traballo, levalos ó parque……!!!!!.

Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos gozar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno… é o momento do baño!

Onde as burbullas de xabón convértense, en historias, soños, contos...

Para nenos/as de 0 a 3 anos (20 prazas)

Duración: 35 minutos

Galego

Contos para orellas abertas

Sesión de contos marabillosos para viaxar por un mundo máxico.

Cando abres ben as orellas podes escoitar historias de xigantes e ananos, bruxas e trasnos, apócemas máxicas, viaxes marabillosas, princesas e dragóns…

Queres abrir moito, moito as orellas para viaxar por este mundo máxico?

Para nenos/as a partir de 4 anos (Familiar)

Duración: 45 minutos.

Horario: 12:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

 

Galego

Contamos contos de lobos?

Celebramos o Día do Teatro e o décimo oitavo aniversario da biblioteca co espectáculo Contamos contos de lobos? da man do Teatro dos Ghazafelhos. Espectáculo no que a participación activa do público e unha alta porcentaxe de improvisación colectiva son os ingredientes fundamentais. Dúas personaxes, Mon e Pe, achéganse ao público para contar distintas historias populares onde hai lobos como protagonistas.

Galego

Bravas

Contos para nenas e nenos, que teñen os mesmos soños e que contan coas mesmas posibilidades para acadalos. Nenos e nenas cos mesmos dereitos e deberes, pero todos e todas diferentes, como tesouros únicos que hai que coidar, que temos que coidar. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Figueiriñas que prantei

Sesión de contos e obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento.

Si, para participar normalmente é necesario traer:

  • Papel
  • Algo co que debuxar (lapis, bolígrafo, rotuladores, etc.)

Público familiar

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Tabby McTat

Contacontos en inglés sobre a diversidade e a inclusión cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, tamén traballarán os valores que se representan no conto.

Idade: de 4 a 12 anos.

Duración: 60 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Extra terrestre

Montaxe de teatro de papel pop up e marionetas, tamén de papel, na que se conta a historia dun extraterrestre moi peculiar, que viaxa por varios planetas e coñece moitos outros alieníxenas moi diferentes, pero cos que descubrirá que ten algo en común.

“Extra terrestre” é unha historia con mensaxes e ensinanzas sobre a amizade, a tolerancia, o respecto, a igualdade e a xenerosidade.

Idade: de 4 a 12 anos.

Duración: 45 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral