Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Brinca vai!

Cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Idade: de 4 a 12 anos.

Duración: 45 minutos.

Inscrición previa, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445, dende a o luns anterior á actividade.

Galego

Contiños na biblioteca - martes 13

Se tes entre 4 a 6 anos vente á biblio a escoitar historias cheas de imaxinación.

Mentras dura a sesión, as nenas e nenos quedarán sós coa contadora para gozar do conto en calma.

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Galego

Pintando o humor con Siro

Actividade na que contaremos e debuxaremos a biografía de Siro, autor homenaxeado no Día da Ilustración 2026. Ao remate, realizaremos un obradoiro de debuxo sobre este ilustrador.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O vixiante dos soños

Desde pequeno, Sonólicus quere chegar á lúa. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas esmoreadas e aos tellados e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuña. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos para orellas abertas

Espectáculo de contos marabillosos para viaxar por un mundo máxico. Cando abres ben as orellas podes escoitar historias de xigantes e ananos, bruxas e trasnos, apócemas máxicas, viaxes marabillosas, princesas e dragóns… Queres abrir moito, moito as orellas para viaxar por este mundo máxico?

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Feliz Lobo

A lobiño pequeniño non lle interesa asustar, comer animais, nin que lle teñan medo. Só quere divertirse, xogar no bosque… e cociñar!

Cando chega o momento en que Lobito debe aprender a facer o que espera dos lobos da súa idade, vai xunto seu tio para aprender a ser feroz .

Rebelarase e mostrará que a súa forma de ver o mundo están moi lonxe do que a súa familia espera del..

Para nenos/as a partir de 4 anos (público familiar)

Duración: 45 minutos

Horario: 12:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

Galego

O Monstro das emocións

Cando sentimos rabia, mágoa ou dor, temos que soltar, ata a veces estoupar.

É aí cando o monstro das emocións manda en nós, pero temos que aprender a levalo connosco, como quen adestra a un cachorro a non morder ou a non esnaquizar as nosas cousas.

Para nenos/as a partir de 4 anos (público familiar)

Duración: 45 minutos

Horario: 12:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

Galego

Bebenc@nta

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.

Moitos dos contos son cantados de principio a fin.

Para nenos/as de 0 a 3 anos (20 prazas)

Duración: 35 minutos

Galego

Que mundo é este?

Contos para os mais cativos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, se mergullarán en historias de simpáticos personaxes que, coma eles, están a descubrir o mundo que os rodea.

Duración: 30 minutos

Actividade para nenas e nenos de 1 a 3 anos (acompañados dunha persoa adulta).

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 2 de xaneiro ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Só poderán reservarse 2 prazas por chamada.

Galego

Contos con miga

"Contos con miga" é unha sesión de contos e cancións a cargo de Carlos Yus, de Migallas Teatro, que divirten e fan pensar sobre cuestións como a solidariedade, o consumismo, os xogos e a lingua. 

Público familiar a partir de 4 anos

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral