Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cabaliño Hop

Valentín soña con saír do carrusel onde día a día pasea a tantos nenos e nenas. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá. A lúa, que sabe dos seus sonos, unha noite faralle un agasallo moi especial ...

Contaconto para bebés de 1 a 3 anos que deberán estar acompañados dunha persoa adulta.

É necesaria a inscrición previa que poderá facerse dende o venres anterior á actividade ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386.

Só se poderán reservar 2 prazas por chamada.

Galego

Contiños na biblio, martes 9

Se tes entre 4 a 6 anos ven á biblio a escoitar historias cheas de imaxinación.

Mentras dura a sesión, as nenas e nenos quedarán sós coa contadora para gozar do conto en calma.

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Galego

Contiños con Susana, martes 2

Se tes entre 4 a 6 anos ven á biblio a escoitar historias cheas de imaxinación.

Mentras dura a sesión, as nenas e nenos quedarán sós coa contadora para gozar do conto en calma.

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Galego

Un Nadal de Rizos de Ouro

Os tres osos: oso grande, oso mediano e oso pequeno están preparando a súa casa para o Nadal.

Osiño pequeño ten unha idea, ir ao bosque a buscar piñas e ramas para engalanar a súa casa. Mentres os tres osos dan un paseo, Rizos de Ouro chega a casa dos osos e abre a porta…

Teatro, cancións, narración oral e bonecos nesta proposta para a primeira infancia na que unha maleta é unha casa, un caldeiro un asento e unha manchea de calcetíns… unha familia  de osos!

Para público familiar.

Galego

O verme comellón

Unha noite, sobre unha folla iluminada pola lúa, había un ovo.

Unha mañá ao levantarse o sol, cálido e resplandecente, saíu do ovo, un verme con moita, moita, moitísima fame.

E púxose a buscar que comer.

Para nenos/as de 0 a 3 anos  (20 prazas)

Duración 30 minutos.

Ludoteca

Inscrición previa o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

 

Galego

Contos de Nadal

Unha proposta de Cris de Caldas na que mestura a maxia dos contos e a ilusión do Nadal. O resultado: contos mesturados e divertidos onde nada é o que parece, nin nada parece o que é.

Contos de todo tipo para ser narrados durante o Nadal ou cando se precise un extra de ilusión!

Dirixido a público de 3 a 8 anos de idade.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de animalario

Sesión de narración oral para as pequenas e pequenos da casa, da man da educadora e narradora oral Vero Rilo.

Toupas, carneiros, raposos, vacas e ata cabalos azuis! Vindes con nós?

Dirixido a público familiar.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Do, re, mi, contos para ti

Música e contos, contos é música, a orde da igual porque a diversión está asegurada.

Data e hora: venres 28 de novembro ás 17.00 h.

Público destinatario: bebés, de 0 a 3 anos (acompañados de ata dous adultos)

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 19 de novembro ás 09.00 h.

Galego

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa

A historia de amor do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Un día de moito traballo o forno de Antón estoupou, por iso a pasteleira Tomasa convidouno a asar mazás no seu forno. Cando Antón probou esas mazás asadas cubertas con tanto caramelo, da emoción, deulle un mareo, berrou, saltou, e ao cabo dun pouco: POM! O cociñeiro Antón esnafrou, e caeu no chan escarranchado, retorto e petrificado.

Data e hora. 5 de decembro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos

Sen inscrición, entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral