Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Estrafalaria

Alicia collera por costume escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose.

Á meniña déralle por ler todo canto libro lle caía nas mans. A avoa dicía que as miñas amigas eran raras. Mais eu sempre pensei que iso de ser rara é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?

Dirixido a público de 3 a 8 anos de idade.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Do lobo un pelo

Sabemos que no Nadal acostuman xuntarse as familias e agasallarse. Desexámonos un bo aninovo. Sabemos que no Nadal xa non vai tanto frío coma antes.

Antes era o tempo que nos xuntabamos ao pé do lume e contabamos contos e cousas que nos pasaran. Contamos o que nos gusta contar. Gústanos saber. Ter a quen contarlle e ter quen nos conte é un gran agasallo, seguramente o mellor.

Dirixido a público de 3 a 8 anos de idade.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Hotel Paraíso

Imaxina un lugar no que cada habitación garda un sentimento, cada corredor conta unha historia e cada parede asubía un segredo.

Este espectáculo de narración oral levarache a percorrer as habitacións da alegría, do medo, do amor, da ira ou da esperanza.

Ven hospedarte ao Hotel Paraíso onde cada palabra é unha chave e cada emoción unha porta por abrir!

Dirixido a nenas e nenos de 4 a 8 anos.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Contos de re-chupete. Marisa Irimia

Contos que estimulan a imaxinación, a fala, e os sentidos. Unha aposta para iniciar ás meniñas e aos meniños non mundo dos contos e a narración oral cunha proposta de narración interactiva, divertida e educativa, onde a participación convértese nun elemento crave para crear experiencias diferentes, entrañables e inesquecibles.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

 

Galego

Uhmm, que rico

Prazas esgotadas. Formulario pechado

Que podemos facer para preparar un rico pastel ou un caldiño, ou... contos para abrir o apetito.

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos

15 prazas

Galego

Animaliños. Ramiro Neira

Animaliños é unha peza de narración oral que conta e dramatiza contos da tradición oral de todo o mundo.

Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia... A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación, abandone a cidade e viaxe ao bosque, á selva...

Imos coñecer á Gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, unha urraca moi golosa e a un coello e un papagaio que teñen unha granxa.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

O verme comellón

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Unha noite, sobre unha folla iluminada pola lúa, había un ovo.

Unha mañá ao levantarse o sol, cálido e resplandecente, saíu do ovo un verme con moita, moita, moitísima fame. E púxose a buscar que comer.

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 35 minutos

15 prazas

Galego

A viaxe de Nano. Raquel Queizás

Nano está a aprender o nome das cousas, as cores, aos poucos, todo o fai xogando ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío.

-Non!, di Nano, a auga é miña…

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

O verme comellón

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Unha noite, sobre unha folla iluminada pola lúa, había un ovo.

Unha mañá ao levantarse o sol, cálido e resplandecente, saíu do ovo un verme con moita, moita, moitísima fame. E púxose a buscar que comer.

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos

15 prazas

Galego

Contiños na biblio, martes 16

Se tes entre 4 a 6 anos ven á biblio a escoitar historias cheas de imaxinación.

Mentras dura a sesión, as nenas e nenos quedarán sós coa contadora para gozar do conto en calma.

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral