Libro de experimentos abracadabrantes de Hugo Comas
Vive unha divertida aventura científico-literaria con sorprendentes experimentos!
Actividade aberta a todo o público

Vive unha divertida aventura científico-literaria con sorprendentes experimentos!
Actividade aberta a todo o público
Vive unha divertida aventura científico-literaria con sorprendentes experimentos!
Actividade aberta a todo o público
Acompaña a protagonista desta historia nunha divertida aventura chea de soños, estrelas e ciencia!
Actividade aberta a todo o público
Na semana do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dedicamos a sesión de contos ás mulleres valentes e libres que deciden o seu propio camiño demostrando que a verdadeira felicidade nace de ser unha mesma, romper cos moldes impostos e rir coa forza de quen elixe o seu propio destino.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro.
Andan a explorar facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico cos que promoven a curiosidade e mostran a gran importancia de facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica.
Dirixido a un público familiar.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Lembramos o nacemento do escritor Xosé Neira Vilas co espectáculo “Cantarolas e contos para xente miúda” da man de Servando Barreiro.
Espectáculo a base de cantos e contos de Neira Vilas no que Servando Barreiro pon voz e música, inspirado na nosa tradición oral e creando un ambiente participativo e divertido.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Pili ten unha idea xenial. Vai facer unha banda de música! Desas que desfilan tocando polas festas. Pero ten un problema: Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete e Tatá e Chispa non saben tocar. Que vai facer, logo? Pois vai ser “A muller orquestra”. Tocará todo ela: bombo, pratos, trombón, clarinete, saxofón, frauta etc.
Volven os Bolechas ao FalaRedes. Este outono, levarán a súa música e o seu bo humor a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO
Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.
Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.
Moitos dos contos son cantados de principio a fin.
Segredos, emocións, misterio, diversión e tesouros, todo agochado na túa biblioteca!
Actividade aberta a todo o público.
Luna e Soleil son unha simpática parella de trobadores que viaxan polo mundo acompañados do seu Baúl. A súa misión é abrir a porta ao mundo dos soños a través de historias, cancións e un contacto próximo co público.
Duración: 45 minutos
Idade: a partir de 3 anos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.