Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos pequeniños de outono

Imos comezar ou outono cunha sesión de contiños de outono para os pequechiños e as pequechiñas da casa. Música, contos ... diversión asegurada!

Data e hora: venres 10 de outubro ás 18.00 h.

Público destinatario: bebés, de 0 a 3 anos (acompañados de ata dous adultos)

Inscrición previa na web dá biblioteca  a partir do 1 de outubro ás 9.00 h.

Galego

Spinderella

A Spinderella, a araña, apaixónalle o fútbol! Tenta xogar un partido cos seus irmáns e irmás, pero non sabe cantas arañas deben estar en cada equipo.

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada, e se traballarán os valores e emocións que se representan no conto. En cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión intentando que os pequenos e pequenas interactúen.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou chamando ao 886 120 445 a mesma semana da actividade.

 

Galego

Contos do mar

Sesión de contacontos para descubrir unha chea de segredos sobre o mar con nenas de sal, peces de cores, ondas con cheiros, sirenas pequeniñas, estrelas... e moito máis.

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou chamando ao 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

O baúl dos soños

Iniciamos os bebecontos na bSala Infantil con este "O baúl dos soños" a cargo da Compañía Espectacular. 

Actividade para nenas e nenos de 1 a 3 anos (acompañados dunha persoa adulta).

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Galego

The Rhyming Rabbit (O Coello Poeta)

O pobre Coello Poeta sente só e excluído. Ningún dos seus compañeiros coellos aprecia os seus coidadosamente pensados poemas.

Contacontos en inglés sobre a diversidade e a inclusión cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, tamén traballarán os valores que se representan no conto. 

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou chamando ao 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Son san

O protagonista é un neno chamado Xan (está construído con vasos e pratos de cartón, leva chapeu verde e seu corpo é branco). Cústalle moito erguerse pola mañá. Non lle gusta tomar o almorzo san que lle dá a súa nai, prefire moreas de pasteis. Un día, no parque, un cadelo lle leva os bolos e comeza a correr, sen folgos, atrás do can. De súpeto atópase con Xana (leva chapeu verde, e o seu corpo é amarelo, verde e laranxa) unha rapaza moi espelida que o convida a unha san e nutritiva merenda.

Galego

Canto contos

Un conto... personaxes... música... Todo xunto forman unha festa que non te podes perder. 

Vés con nós?

Contacontos musicado a cargo de Proyecto Bululú.

Salón de actos

Público familiar a partir de 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

CONTACONTOS. Xela, aventura na fraga.

Xela é a protagonista dun conto que forma parte dun proxecto de Educación Ambiental. Conta con dúas aventuras na actualidade: "Xela, a superheroína de aldea" e "Xela, aventura na fraga".

Este conto é unha ferramenta educativa para dar a coñecer e poñer en valor os recursos que existen no noso territorio; identificalos, sentir a natureza como unha oportunidade e facer que as nenas e nenos sintan fachenda do noso patrimonio natural e cultural.

Agardamos que vos guste tanto como a nós!

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 min.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral