Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A cabeza a páxaros

Texto de presentación da actividade

Esta é unha sesión de contos cheíña de historias do máis bobas protagonizadas por personaxes que, parecendo parvos, resultan do máis listos. Relatos de humor, enxeño, intriga e un chisquiño de medo sobre xente que anda coa cabeza a paxaros.

Programa

Outono na biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (5-9)

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

Aitana e a avoa, e outros contos violetas

Texto de presentación da actividade

Con Aitana e a avoa, aprendemos a atopar cancións e xogos de tradición oral que dormen escondidos na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas.  Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenas ou romper estereotipos con Princesas que soltan peidos.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3 anos en diante)

Duración

45 minutos

Galego

Levántate Xan!!! (Contos para bebés)

Texto de presentación da actividade

É noite na granxa de Xan. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar. Pero ese día algo sae mal. O galo non pode cantar; e se o galo non canta o sol non se levanta!… Non será que Xan esqueceu darlle a cea aos animais a noite anterior?
Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas no día a día na granxa de Xan.

Programa

Outono de contos 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Eva na Antártida

Texto de presentación da actividade

Eva é unha exploradora que percorre o mundo! Hoxe está co seu amigo Pip-Pip, o pingüín que acaba de decatarse de que a auga na que se baña esta moooi sucia. Precisamos da vosa axuda para que o resto de pingüíns podan nadar na auga limpa e atopar comida!

Programa

Mes das bibliotecas

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (+3 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

Galego

Contar co vento

Texto de presentación da actividade

Contos e melodías na compaña da música do acordeón.
Porque o vento pode cambiar, totalmente, unha historia....
Historia de tradición oral para toda a familia: de medo, de risa e bonitas a rachar
 

Programa

Ler conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4-12)
  • Público xuvenil
  • Público adulto

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

Contacontos sensorial

Texto de presentación da actividade

Sesión de contacontos destinada a bebés, e a adultos acompañantes, con ganas de compartir unha experiencia feliz, da man das palabras, as emocións que acompañan as palabras, as cancións, a lectura, os libros,...Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público inquieto, e á vez, ávido de experimentar, de gozar, xunto aos seus seres queridos

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Festa

Texto de presentación da actividade

Iria Pinheiro fai unha festa de contos nos que a diversidade é o fío condutor.
Unha contada poética e alegre  baseada no teatro de obxectos que fará sorrir a crianzas e maiores.
Sopas insólitas, vacas que poñen ovos e amizades únicas son parte dos ingredientes das divertidas historias representadas nesta peza.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (A partir de 3 anos)

Duración

35 minutos

Sesións

Galego

Diagnosticando a igualdade

Texto de presentación da actividade

O Dr. Tilla é un afamado virólogo que ven de facer un gran descubrimento. Atopou a vacuna contra o virus que nos tolea a cabeza dende xa hai algún tempo. 
O Coronavirus?... Non!. O VIRUS DE MACH! Causante da enfermidade do machismo.
Pero esta vacuna ten unha pega, fai moito dano a pinchala no cu. Se non che gustan os pinchazos o Dr. Tilla proporá un tratamento alternativo e preventivo. Os Contos! 

Programa

Día das Bibliotecas: Campaña local contra as violencias

Galego

Contos de sapos, bruxas e curuxas

Texto de presentación da actividade

Non todo o mundo sabe que as bruxas son intelixentes, as curuxas astutas e os sapos valentes. Non todo o mundo sabe que as bruxas son astutas, as curuxas valentes e os sapos intelixentes. Non todo o mundo sabe que os sapos son astutos, as curuxas intelixentes e as bruxas valentes. Pero para iso están os contos, para lembrarnos o que esquecemos desde o inicio dos tempos.

Programa

Outono de contos 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Contacontos sensorial

Texto de presentación da actividade

Sesión de contacontos destinada a bebés, e a adultos acompañantes, con ganas de compartir unha experiencia feliz, da man das palabras, as emocións que acompañan as palabras, as cancións, a lectura, os libros,...Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público inquieto, e á vez, ávido de experimentar, de gozar, xunto aos seus seres queridos

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

30 minutos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral