Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O caracol namorado

Hoxe descubrimos que Manolo Caracol, amigo do rato Fuco, está namorado da Ra Lolita. Ultimamente non quere comer e só fala en verso. "Un bo día, pensa Fuco, para dedicarse á poesía!"

Salón de actos.

Público familiar a partir de 4 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Anuncio por palabras

Texto de presentación da actividade

Irene vota unha ollada ao periódico por primeira vez e descubre os traballos dos anuncios por palabras, saberá que quere ser de maior? 

Programa

Mes das letras

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (+3 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

  • Sesión única: 06/05/2024 - 18:30

Lugar de celebración

Biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo

Galego

Grandes éxitos 2004-2024 (cantar e contar)

Texto de presentación da actividade

O gran contador de contos Caxoto leva xa 20 anos percorrendo bibliotecas e escenarios de toda Galicia cos seus espectáculos feitos de contos, cantigas e xogos.
Para celebrar esta efeméride decidiu facer una selección dalgúns dos seus maiores éxitos centrándose na parte máis musical (cantigas, xogos, bailes... ) para dar lugar a un espectáculo participativo e festivo cheo de contos e cantos.   

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Grandes éxitos 2004-2024 (cantar e contar)

Texto de presentación da actividade

O gran contador de contos Caxoto leva xa 20 anos percorrendo bibliotecas e escenarios de toda Galicia cos seus espectáculos feitos de contos, cantigas e xogos.
Para celebrar esta efeméride decidiu facer una selección dalgúns dos seus maiores éxitos centrándose na parte máis musical (cantigas, xogos, bailes... ) para dar lugar a un espectáculo participativo e festivo cheo de contos e cantos.   

Programa

NON

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Quiquiriquí!

Texto de presentación da actividade

Tres historias: Rosa, regresa ao campo da cidade, atopando a felicidade na súa granxa. Ramón, famoso galo da granxa de Rosa, coñecido pola súa valentía e o seu Quiquiriquí!. O seu fillo, Monchiño, enfronta o desafío de seguir o oficio do seu pai, pero hai un problema: ¡non sabe cantar! Unha historia divertida e esperanzadora sobre a necesidade de atopar a nosa propia voz.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Diagnosticando a igualdade

Texto de presentación da actividade

O Dr. Tilla é un afamado virólogo que ven de facer un gran descubrimento. Atopou a vacuna contra o virus que nos tolea a cabeza dende xa hai algún tempo. 
O Coronavirus?... Non!. O VIRUS DE MACH! Causante da enfermidade do machismo.
Pero esta vacuna ten unha pega, fai moito dano a pinchala no cu. Se non che gustan os pinchazos o Dr. Tilla proporá un tratamento alternativo e preventivo. Os Contos! 

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Que contan as árbores...?

Texto de presentación da actividade

Que contan as árbores...? É unha historia sobre as árbores que contén varias historias, contadas coa axuda da palabra e de obxectos de refugallo: contos de Gianni Rodari, Shel Silverstein, e Helga Méndez.
Unha contada para público familiar para falar dos ritmos frenéticos do progreso con humor, e dos ritmos repousados da natureza con amor, para tecer comunidade.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

Galego

Podes atopar o teu camiño. You can fInd your way.

Texto de presentación da actividade

Podes atopar o teu camiño é un conto dun grupo de estudantes que atopan o seu camiño a través de ideas valiosas grazas á súa curiosidade e creatividade naturais, e a través da colaboración e celebración.
Promovemos os valores principais repetidos ao longo do conto e das cancións mentres aprendemos inglés e galego nunha actividade divertida e fascinante lendo, cantando e debuxando.

Programa

Galego

Dúas heroínas voando van

Texto de presentación da actividade

Cata e Xiana teñen unha festa de disfraces. O seus compañeiros xa teñen escolla: Spiderman, meigas, leóns, fadas... Mais elas buscan algo diferente. Queren ir de heroínas.
As dúas amigas buscarán nos libros unha súper heroína diferente, única. Comeza a aventura, na búsqueda atoparán historias de mulleres reais que conseguiron cambiar o mundo, non cos súper poderes que esperaban... mellores! 

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A orixe

Texto de presentación da actividade

“Contade o que sabían os antigos para que non desapareza…” 
Unha exploradora chega á biblioteca para compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo.
“No comenzo non existía nin o día nin a noite…”

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (a partir de 3 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral