Debulendo Lendas... Galegas
Texto de presentación da actividade
Cando eu debuxo o que leo, entón "debuleo". Debuxamos xuntos e descubrimos o valor das lendas galegas? Piratas, xacias, dragóns, celtas, biosbardos... Un espectáculo de contacontos debuxado ao 100% que mestura narración oral, ilustracións e a técnica centenaria "Kamishibai" como base dunha sesión na que todos participan. Ilustracións dentro e fora do teatriño, que voan, loitan, falan... Debulemos?
Público/s ao/aos que vai dirixido

