Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Un universo na túa maleta

Texto de presentación da actividade

Na vida hai un momento no que algo fai clic e un universo enteiro se abre ante ti.
Acompaña a Peter no descubrimento das axencias de viaxe, aquelas que tes na túa rúa, na túa aula, no teu cuarto, na túa biblioteca, porque as viaxes están sempre dentro das páxinas dun libro. Soamente tes que comezar a ler...

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (5 a 12)

Duración

45 minutos

Galego

O conto de Barriga Verde

Texto de presentación da actividade

A partir de tres das obras de Manuel María, Os Contos de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense. Un contacontos que mestura a narración coa maxia e os monicreques con Fran Rei en escena.

Programa

Coñecemento da obra do autor Manuel María.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

55 minutos

Sesións

Galego

E a ti...que che contaban?

Espectáculo de narración oral para público familiar da man da mestra e contadora Vero Rilo no que achega unha selección de contos de autor, tradicionais e de recollida, xunto con xogos cotiás que xa non o son tanto. Un achegamento á memoria tradicional e familiar compartida.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A cebra Camila

Camila é xa todo un clásico para a nosa infancia. Un conto no que a colaboración e a empatía cobran protagonismo. A través da palabra, da canción e das imaxes os nenos e as nenas gozarán desta viaxe con Camila que xa está preparada para ser maior.

No salón de actos. Para 20 nenas e nenos de 0 a 3 anos. Cada bebé estará acompañado dunha persoa adulta. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Galego

É un libro

Dous amigos teñen unha conversa divertida e surrealista para definir o que é un libro. Pódense axustar as páxinas, ten contrasinal, como o cargas? E onde gardan tantos libros!

Shhhh...calma, hai un lugar máxico onde viven os libros comodamente, é na Biblioteca! E os contos desta sesión sairán todos dela.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Escritoras da natureza

Celebramos o Día das Escritoras e reivindicamos o seu labor e legado ao longo da historia. Facémolo coa contada “Escritoras da natureza” que recolle contos que chegan desde o baleiro da imaxinación onde xurde todo para descubrir unha parte do que esconde a natureza mediante historias e cantadelas que atraparán tanto a grandes como a pequenos. A actividade está a cargo da escritora e narradora Aroa Viva Voz.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos miudiños

Miudiñas historias para as nosas miudiñas e miudiños preferidos. Contiños cheos de sorpresas e emocións que os divertirán e os iniciarán no máxico camiño dos relatos e as historias.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 0 a 3 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O lapis de Martín

Texto de presentación da actividade

Os pais de Martín mercábanlle  agasallos, pero nunca estaba contento. Unha tarde atopouse  coa súa  amiga Martiña e descubriu cómo deixar de estar aburrido. Martín aprendeu a xogar co lapis máxico e a probar os milleiros de posibilidades que ten, empregar a imaxinación.
 

Programa

CONTACONTOS DE VERÁN NA BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil 

Duración

50 minutos

Galego

Os contos do avó, mulleres galegas

Texto de presentación da actividadeO noso avoiño viaxeiro continúa a amosar ledicia e humor para achegarnos algunhas das máis apaixonantes lendas historias sobre mulleres da nosa terra galega. Uns relatos repletos de fervor, forza, coraxe e coma sempre moito humorProgramaLer conta moitoPúblico/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3 a 12 anos)

Duración40 minutosSesións

Galego

Escola de dragóns

Texto de presentación da actividade

Conto interactivo e participativo no que os nenos/as acompañan a Zog na Escola de Dragóns. Todos xuntos aprenderemos a comportarnos como auténticos dragóns e a superar cada unha das probas plantexadas pola señorita Dragón. Polo camiño, coñeceremos a unha rapaza que non quere ser princesa, o seu soño é ser doutora, axudaralle Zog a conseguir o seu soño ou a secuestrará nunha torre como ás princesas?

Programa

CONTACONTOS DE VERÁN NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral