Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cantaruxa Catuxa

Catuxa é unha nena que pasa moito tempo coa súa avoa Adolfina, á que lle gusta moito cantar, canta todo o tempo, en calquera momento e fai percusión co que teña á man. Catuxa goza moito escoitando a súa avoa, parécelle moi ocorrente pero non se atreve a cantar canda ela. 

Galego

Galiverso no corazón da pedra

O proxecto do Galiverso estrea unha nova experiencia de realidade virtual, Galiverso no corazón da pedra que propón unha viaxe ás entrañas da nosa terra para descubrir marabillas naturais, arqueolóxicas, etnográficas e históricas do noso territorio nas que a pedra, a que nos moldea e que, grazas á cantería esculpimos desde tempo inmemorial, será a protagonista.

Galego

Ollo, piollo!

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Contos e cantos para xogar ás agachadas con imaxes e palabras, para xogar ao "veo, veo" e ás adiviñas, para descubrir o mundo, xuntos, cunha ollada curiosa e ollos sorrindo.

Publico infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos

15 prazas

Galego

PequeNiños

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Niños que, en vez de ovos, teñen contos que me contou un paxariño.

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 5 de febreiro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.

Galego

Cinco dediños

Este xoves contamos con Charo Pita para o contacontos dos máis pequenos da casa. 

Unha sesión de contar historias rumoreadas desde moi preto, sesión de contar cos dedos ...

Contaconto para bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.

Prazas limitadas. Inscricións dende o venres anterior ás 9.00 h nos números de teléfono:  988 788 385 / 386.

Só se poden reservar 2 prazas por chamada.

 

Galego

Xogamos!

Sabemos que o xogo é a maior ferramenta de aprendizaxe que temos… Nesta sesión de narración oral é precisamente o que imos facer…. Xogar!!!!

Xogar cos nosos corpos… Xogar coas nosas voces…. Xogar co noso ritmo…

Xogar entre nós….. Xogar coa nosa imaxinación… En definitiva…. Xogar a través dos Contos!!!

Contaconto para bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.

Prazas limitadas. Inscricións dende o venres anterior ás 9.00 h nos números de teléfono:  988 788 385 / 386.

Só se poden reservar 2 prazas por chamada.

 

Galego

Contiños na Biblio

Sesión de contacontos cunha actividade posterior relacionada coa historia narrada. 
Actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 desde o venres anterior á actividade.

Galego

O berce das verbas

Tódalas noites a avoa Sara subía á habitación do seu neto máis cativo, sentaba na súa cama e facía dúas cousas. Primeiro contáballe un conto e despois cantáballe unha cantiga. Cos primeiro compases daquela cantiga o seu neto máis cativo Caxoto quedaba durmido coma un tronco cada noite.

Con este espectáculo, Caxoto recolle estas lembranzas de entre as brumas da memoria e tenta recompoñer as sensacións, as emocións, a fantasía, a maxia dos primeiros pasos, dos primeiros contos …

Para nenos/as de 0 a 3 anos (20 prazas)

Duración: 35 minutos

Horario: 18:00 h.

Galego

Menú de contos

Historias e cancións de medo e risa, de tristeza e alegría para abrir o apetito de contos.

Para nenos/as de 4 a 12 anos

Duración: 45 minutos

Horario: 18:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral