Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Gran Gala do Circo

GRAN GALA DO CIRCO PISTACATRO · CIRCO · ARTES ESCÉNICAS
Idade recomendada: Todos os públicos Duración: 90 min Lingua: galego
A Gran Gala do Circo celebra no Auditorio de Galicia o Día Internacional do Circo. Coordinado por Pistacatro, o espectáculo reúne artistas locais e internacionais nunha festa de malabares, acrobacias, humor, equilibrio e maxia para toda a familia. Non esperes que cho conten: vén vivir en directo esta gran cita circense.
 

Galego

Lumiero

LA MENUDA LUMIERO · EN FAMILIA · ARTES ESCÉNICAS
Idade recomendada: a partir de 1 ano Duración: 40 min Lingua: sen texto
LUMIERO é un espectáculo visual e musical para a primeira infancia. Lumiero e a súa filla Lumina exploran un mundo de luces, sombras e música, creando unha experiencia máxica e entrañable que celebra a imaxinación e o bo humor.
 

Galego

Contos para escoitar mentres bailamos un valse

“Sabela era una nena á que lle encantaba a música. Tanto que pasaba o día cantando, bailando, asubiando... Un día a súa nai dille: E por que non aprendes a tocar un instrumento musical? A Sabela aquilo pareceulle unha boa idea e púxose a pensar que instrumento quería tocar... pero eran tantos!...”

Baixo esta premisa asistiremos á viaxe fantástica que Sabela fai por varios instrumentos ata ir a dar co seu instrumento favorito (gaita, acordeón, xilófono, pandeireta...).

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 minutos

Galego

2 pasos, 25 pesetas

A chegada do teléfono público cambia a vida de toda a parroquia.

Saladina pon en marcha o contador e acude á chamada espreitando tras da porta. Polas noites encende a radio para sentir a voz do seu querido Marcial e de cando en vez chámao dende o supletorio para intervir no programa contando algunha historia.

A través desta actividade, Lorena Pinheiro ofreceranos unha sesión chea de humor e lembranzas do que supuxo a mellora das telecomunicacións nos anos 80.

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 minutos

Galego

Contar

Espectáculo de narración oral a cargo do magnífico contador Celso Sanmartín, que recolle os seus relatos da tradición, verdadeiro tesouro de historias, e transmíteas con humor para todo tipo de públicos.

Galego

Santa's Elves : story time

Sempre é divertido escoitar un conto pero se ademais é en inglés non só a cativada o pasará ben  ben senón que aprenderán de xeito lúdico.

Data e hora: Luns 22 de decembro ás 17.00 h.

Público destinatario: infantil, de 3 a 8 anos

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala

 

Galego

Tilín talán contos de Nadal

Tilín tilán contos de Nadal é unha actividade na que os bebés compartirán con aqueles que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.

 

Data e hora: venres 19 de decembro ás 17.00 h.

Público destinatario: bebés, de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 10 de decembro ás 09.00 h.

Galego

Contos e cantarelas de Nadal

En “Contos e Cantarelas de Nadal” imos compartir con todas e todos unha manchea de contos de Nadal para celebrar estas festas con alegría e imaxinación.

Data e hora: venres 12 de decembro ás 17.00 h.

Público destinatario: infantil

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral