Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Que mundo é este? Iván Davila

Contos para os mais cativos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, se mergullarán en historias de simpáticos personaxes que, coma eles, están a descubrir o mundo que os rodea.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

Galego

Manual para deitarse e... durmir. Caxoto

Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gaña. Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para retrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, fantasiar coas sombras da escuridade... convértense cada noite en aventuras que atesourar antes de conciliar o sono.

Galego

Pintando o humor con Siro

Polo  Día da Ilustración contaremos, debuxaremos e musicaremos a vida do fantástico Siro ,homenaxeado este ano, e para finalizar faremos unha caricatura seguindo as instrucións da  ilustradora.

 

Data e hora: venres 30 de xaneiro ás 18.00 h.

Público destinatario: Público familiar.

Sen inscrición previa, ata  completar a capacidade da sala.

Galego

Lideiras dunha vaca

A vaca Chuqiña ten unha cabeza que non lle para quieta. Desta vez ela quere voar...

E qué acontece cando se xunta unha vaca tola cuns amigos con ideas disparatadas?

Queda con nós e descubrámolo.

Data e hora: venres, 27 de febreiro ás 18.00 h.

Público destinatario: familiar, a partir de 5 anos

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de risa e un chisco de medo

Atención, nenos e nenas: as historias máis divertidas e sorprendentes chegan á vosa biblioteca para facer rir... e dar só un pouquiño de medo.

Vinde gozar de contos cheos de gargalladas e emocións, onde o susto é pequeno e a diversión, moi grande.

Data e hora: venres 13 de febreiro ás 18.00 h.

Público destinatario:  familiar, a partir de 3 anos.

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Contacontos con Croco : un crocodilo moi especial

Cantaremos con CROCO e os seus amigos, que veñen cun guiñol, mentres contamos a aventura dun crocodilo sen dentes.

Un contacontos con adiviñas e rimas para pasar unha tarde en familia moi divertida!

 

Data e hora: venres, 6 de febreiro, ás 18.00 h.

Público destinatario: familiar, a partir de 3 anos.

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala

Galego

Contos de Rosalía

Cando Rosalía soñaba, nacían historias que facían sorrir á lúa. Hoxe escoitaremos contos que falan de amizade, de natureza e de soños pequenos pero grandes. Habitarás mundos máxicos feitos de palabras e cores.

Un paseo divertido pola fantasía que nace dos versos. Porque celebrar a Rosalía é contar e cantar xuntos!

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Animais artistas e outras historias

Cales son as tres actividades que adoitamos facer no Entroido? Disfrazarnos, gastar bromas e pasalo ben! Iso mesmo é o que fan os animais protagonistas destas historias: un porquiño pintor, un corvo músico e a tartaruga máis vella do mundo.

No Entroido disfrazámonos para ser outra persoa ou quizais estamos disfrazados todo o ano e só nestas datas deixamos saír o noso lado máis salvaxe?

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Un mundo ao revés

Un espectáculo visual baseado na idea do mundo ao revés. Non hai nin principio nin final, unha sucesión de diferentes efectos máxicos que farán voar a nosa imaxinación.

Unha fórmula que promete facer realidade os soños e transporta ao público a un mundo onde o imposible pode pasar. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral