Cabicivai na Furgoteca
Acompáñanos neste espectáculo!
Poremos en valor a nosa lingua a través da narración oral e a creatividade.
Actividade organizada polo CPI Poeta Uxío Novoneyra, de Folgoso do Courel.

Acompáñanos neste espectáculo!
Poremos en valor a nosa lingua a través da narración oral e a creatividade.
Actividade organizada polo CPI Poeta Uxío Novoneyra, de Folgoso do Courel.
A hora da merenda é moito máis divertida se temos unha chea de contos para desfrutar.
Data e hora: venres 7 de marzo ás 18.00 h.
Público destinatario: bebés, ata 3 anos, acompañados dun máximo de dous adultos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do día 26 de febreiro ás 9.00 h.
IN-CERTO é un espectáculo de comedia onde Oswaldo Digón mestura o seu estilo decómico de Stand-up coa súa dilatada experiencia como improvisador teatral, contando historias que, en cada espectáculo, van transcorrer de xeito único e irrepetible. Dunha forma diferente facendo que IN-CERTO fala con moito humor e liberdade da nosa época.
Erupcións volcánicas, impactos de meteoros, grandes dioivos, xigantescos dinosauros, abraiantes criaturas mariñas... Orixes recrea unha natureza salvaxe onde volven á vida seres hoxe desaparecidos, pero tamén descubrimos outros que habitan a Terra desde hai millóns de anos, desde moito antes de que o ser humano pisara o noso planeta.
Unha noite, sobre unha folla iluminada pola lúa, había un ovo.
Unha mañá ao levantarse o sol, cálido e resplandecente, saíu do ovo, un verme con moita, moita, moitísima fame.
E púxose a buscar que comer
Duración: 30 minutos.
De 0 a 3 anos.
Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.
A historia dun ratiño que para protexerse invéntase unha criatura chamada Gruffalo. Contacontos en inglés sobre a diversidade e a inclusión cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, tamén traballarán os valores que se representan no conto.
Duración: 60 minutos.
A partir de 4 anos.
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.
Supercoroza, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder é a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo.
Duración: 45 minutos.
A partir de 4 anos.
Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade, presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.
Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos dos seres que habitan no fondo das fragas, dos ríos e dos mares.
Como a súa cabeza está chea de paxaros, voa de vila en vila e de cidade en cidade contando e cantando historias que falan de paz, solidariedade e respecto á natureza.
Duración: 45 minutos.
A partir de 4 anos.
Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade.
Contos e cancións para a cativada, narrados con efectos sonoros, xogos corporais e onomatopeas e libros de imaxes.
Para escoitar á calor dunha aperta.
Duración: 30 minutos
De 0 a 3 anos.
Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade.
Cando sentimos rabia, mágoa ou dor, temos que soltar, ata a veces estoupar.
É aí cando o monstro das emocións manda en nós, pero temos que aprender a levalo con nós, coma quen adestra un canciño a non morder ou a non esnaquizar as nosas cousas.
A partir de 4 anos.
Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade na biblioteca ou chamando ao teléfono 886 120 445.