Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Nabiza Girl

Chelo Garcia Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, é unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida. Os seus poderes proveñen do sulfato.

Espectáculo de humor da actriz Isabel Risco.

Galego

¡Estamos perdiendo el Norte!

"¡Estamos perdiendo el norte!" é o título deste espectáculo de comedia no que Sara se atopa en plena crise. Co país a un paso de ver renacer os mercados de chipiróns de estraperlo, Sara Escudero vai acorde: ten 33 anos e non o leva ben. "Por que os 33 non se levan ben! Os 32?? Buah! Eran outra cousa... Pero os 33? Os 33 non levan ben!". Confesarase diante de vós e aconsellaravos para que non vos pase... Pediravos café á que vos descoidedes pero, sobre todo, rirá convosco do mellor do que un se pode aprender a rir: dun mesmo.

Galego

Chungo

Luis explica as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor perségueo o chunguismo, sen dúbida ningunha.

Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra.

Galego

Alberte Contador

Como o ciclista, efectivamente. Até aquí o único en común entre Alberte e o de Pinto é o nome, un xogo de palabras "enxeñosirmo" que dá título a este novo espectáculo do monologuista galaico-catalán.

Alberte fala de ciclismo, das sestas que bota vendo o Tour. Da dopaxe, a que hai no ciclismo e a que hai en San Fermín, e tamén da súa relación co deporte, relación parecida á que Superman ten coa kriptonita.

Galego

Contos dun rapaz de aldea

Pepe Capelán é un rapaz da aldea. Acostumado a vivir rodeado de leiras, vacas e tractores, non estaba preparado para o que esperaba: o salto á gran cidade. Cambiou os velorios polas compras nas grandes superficies comerciais, os patróns da aldea polos yonkis dos barrios marxinais da Coruña, e as verbenas polas tardes de sábado nas discotecas. 

Galego

Por que as cousas sempre poden ir a peor

Por un lado, Xosé A. Touriñan, interpretando a Manolo Lojo, un surrealista personaxe que o único que ten claro é que se quere suicidar, pero antes de suicidarse contaranos un dos segredos mellor gardados da humanidade.... E sobre os segredos da humanidade, sobre as grandes dúbidas que guían a nosa existencia, o gran Javier Veiga revelaranos as súas reflexións dende a súa importante experiencia vital. Enigmas como a importancia da alopecia no pleistoceno ou a proliferación das mulleres barbudas en Lusitania.

Galego

Monólogo de Enrique El Grande

Este conocido monologuista con residencia en Madrid, apareceu en Paramount Comedy e é grande á hora de facer rir ata a saciedade. Os seus monólogos non teñen desperdicio.

Gañou o concurso da Paramount en 2003 e formou un dúo artístico co presentador de televisión Luís Larrodera, ademais de colaborar en diferentes programas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral