Con dez poemas por barba
Para Lucía Aldao e María Lado a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza o espectador. Así, presentan un recital ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co público. Consta de música en directo, xogos e historias, pero sobre todo hai comunicación poética pura e verdadeira.
Este recital está plantexado para un público maior de 15 anos.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

