Cantacontos
Unha actividade para o público familiar, participando cos pés, coas mans, cos propios ritmos... unha actividade que non deixará indiferentes.
Está dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos e ten unha duración aproximada de 45 minutos.

Unha actividade para o público familiar, participando cos pés, coas mans, cos propios ritmos... unha actividade que non deixará indiferentes.
Está dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos e ten unha duración aproximada de 45 minutos.
José Rodríguez de Vicente, Joselín, é o protagonista dun dos primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954), un xograr, en palabras de Paz-Andrade, que soubo enraizar os seus contos na antiga tradición do escarnio popular de mariñeiros e labregos. Tres oradores de renome recrean en palco Os contos de Joselín e asociaranos aos seus propios contos.
Dirección artística: Quico Cadaval
Duración: 90 min
As personaxes Choupiña e Trasnón preséntanlles aos máis pequenos e pequenas (de 0 a 3 anos) o bebeconto: contamos cos sentidos. Conto interactivo con uso de cores, texturas diferentes e sons variados.
Esta actividade ten unha duración de 30 minutos.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Cantar e contar con Magín Blanco as historias das viaxes de A nena e o grilo, da locomotora María Fumaça, da Rosalía pequeniña... e quen sabe se algunha outra sorpresa traerá este músico, que transportará coas súas creacións a tantos lugares como se desexe.
Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos anos e ten unha duración de 50 minutos.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e as nenas aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos e as nenas aínda o están descubrindo.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Contos que fomentan a igualdade e o respecto...
O espectáculo está dirixido a nenos e nenas entre os 6 e os 12 anos e ten unha duración aproximada de 45 minutos.
Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas.
O Duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos marabillosos, nos que se traballarán valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente ou o traballo en equipo.
O espectáculo de Ler conta moito está dirixido a nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos.
Ten unha duración aproximada de 50 minutos.