Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Vento e chuvia: os antigos deuses galaicos contados por Sole Felloza

Soledad Felloza, da man da palabra e a oralidade, leva o público a un mundo imaxinario, que no seu tempo existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro: o dunha mitoloxía rica e plena de deuses, ata agora case descoñecida.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Galego

Triquitraque-Traquetriqui

Palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un trocatriqui) para que na biblioteca os que dormen no berce tamén poidan gozar coas historias no colo daqueles que ben os queren.

Galego

Non máis Guerras

Educar para a paz por medio da resolución pacífica de conflitos, amosar os contos como medio de recoñecemento de situacións conflitivas e cómo nos ensinan posibles solucións, e fomentar o uso da biblioteca e a lectura.

Galego

Aventuras na cociña

A cargo de Trinketrinke Teatro, espectáculo para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Nesta historia os ratos de Lonxedetodo (Ratos de Biblioteca) son grandes afeccionados á lectura. Coidan moito a súa alimentación e seguen a máxima clásica.

A sesión promove hábitos saudables na alimentación desde os contos e fomenta o uso da biblioteca e a lectura.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Ao abrigo dos contos

O abrigo é o protagonista desta historia. Olga Cuervo cúbrese con el, e del saen os obxectos necesarios para contar diferentes historias. Variados personaxes habitan neste máxico abrigo e só cobran vida cando a contacontos lla dá.

Galego

Érase unha vez uns zapatos

Todas as personaxes destes contos, teñen zapatos altos, baixos, de tacón, sen tacón...

Os cativos e cativas que se acheguen poden coñecer a historia de cada un deles. A actividade está dirixida a un público infantil amplo de 4 a 12 anos.

Esta actividade forma parte da campaña da dinamización da lectura da Rede Bibliotecas de Galicia Ler conta moito.

Galego

Chungo. Monólogo de Petróleo

Luis explicanos as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor persigueo o chunguismo, sen dúbida nengunha.

Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra: Sala Super 8

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral