Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Periplo interestelar

É unha homenaxe a Castelao ao xeito de Polo Correo do Vento.

 Panchito, un pingüín de Coia, ten azo de coñecer o espazo exterior e consegue colarse de polizón nunha expedixión espacial.

Deste xeito, nenas e nenos abordan dun xeito divertido o coñecemento do sistema solar

Galego

Sí, soy el señor

Espectáculo en solitario "Sí, Soy el Señor" do actor Pablo Chiapella. Neste monólogo abrirá a porta dos seus complexos e vivencias máis cómicas, un percorrido esmedrellante pola vida do coñecido actor, protagonista de "La Que Se Avecina".

Galego

Molinillo

A través dun muíño de café, un muíño de vento e un muíño musical a nosa actriz contará tres historias que farán as delicias dos máis pequenos da casa. Un marco branco e limpo, para historias coloridas e divertidas

Galego

ZETA

Na ludoteca para 20 nenos/as de 0 a 3 anos con Chus Álvarez. Se ZZZ é unha onomatopeia para representar o sono, a
Zeta é a mellor pastilla-letra para durmir. Non hai berce coma un libro, non hai soños sen arrolos, non hai noites sen sorrir

 

Galego

Xeados de contos

Non son xeados. Son contos. Pero non se contan; saboréanse... Non teñas medo. Non morden. Pero se se mastigan. Cómense. Tráganse e repítense... Tantas veces como queiras, ti pódelos escoitar.Tantas como te apeteza, poderaschos merendar. Todos xuntos van gardados. Non os queres escoitar?

Para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade.

Galego

Una noche con Enrique San Francisco

Monólogo do actor e humorista Quique San Francisco no que achegará ao público unha escollida selección dos seus mellores e máis famosos monólogos cos que triunfou en escenarios e programas tan emblemáticos como El club de la comedia ou El hormiguero.

Sempre na súa liña irónica e canalla, cunha intensa personalidade que nunca deixa indiferente, achegarase ás situacións máis cotiás dende un humor agudo e intelixente que garante a diversión máis canalla, esta vez acompañado do cómico Denny Horror.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral