Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos de pan e castañas

Folliñas de ouro que o vento leva castañas lirondas que a chuvia esconde na herba. Os pés pequenos bailan a danza do outono mais dourado. E entre crús e crás as historias van chegando. Hora de abrir as orellas, de bater as palmas de sentir na boca a palabra morna doutro conto. Vés?.  

Galego

Contando cancións

Cantas cousas escóndense debaixo dun botón, nun peto, nos dedos, no oco morno debaixo da lingua, ...
Basta con dicir 1,2,3 e saen a xogar con todos nós, debuxando no aire con trazo máxico.
Para cantar contando e contar cantando, só basta traer o corazón alegre, o corpo esperto e as ás da voz.
Que non sabes cales son? Non importa, iso xa cho conto eu..

 Na ludoteca para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos

Galego

Salgadiña estrela de Fisterra

Unha viaxe que emprende as nenas e nenos na percura da estrela Salgadiña de Fisterra que lles ensinará a coidar o mar a través dunha fermosa historia de amor que transcorre en distintos espazos da costa galega: A Fervenza do Xallas, O Monte Pindo, as pedras da barca de Muxía, as praia de Carnota e a propia Fisterra.

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos

Galego

Contos do animalario

Sesión de contacontocos tradicionais, adaptados e musicados por Daboapipa.

Vero Rilo conta, Santi  Prieto é o encargado de tocar os instrumentos. E ambos á vez cantan.

Durante 40 minutos, música en directo e palabra únense para crear un universo máxico a través desta nova parella artística galega.

Espectáculo familiar con venda de entradas no propio Museo do Pobo Galego a partir do día 22, a partir das 16 horas.

As entradas para socios do Museo do Pobo Galego, desempregados e menores é de balde.

Galego

O polbo Octavio

“Ola! Chámome Octavio. Gustaríame traballar no circo do fondo do mar, pero os meus tentáculos son un estorbo: non sei que facer con eles! Estou farto de ser un polbo!”.

Así comeza este conto de OQO Editora (autora: Francesa Chessa) no que un fermoso polbo chamado Octavio, busca o seu sitio no circo do fondo do mar. Nesta sesión de contacontos, introduciranse de xeito entretido e adaptado, contidos científicos relacionados coa vida dos cefalópodos.

Galego

Ana Carreira en Contos en Rede

Ana Carreira percorre este outono 10 entidades da Rede de Dinamización Lingüística no marco da terceira actividade do programa FalaRedes: Contos en Rede.

Estas contadas queren servir para incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, aumentar a oferta de actividade cultural en lingua galega para público de todas as idades, así como apoiar e difundir o traballo dos artistas que realizan a súa actividade en lingua galega.

Galego

Santi Prego en Contos en Rede

Santi Prego percorre este outono 10 entidades da Rede de Dinamización Lingüística no marco da terceira actividade do programa FalaRedes: Contos en Rede.

Estas contadas queren servir para incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, aumentar a oferta de actividade cultural en lingua galega para público de todas as idades, así como apoiar e difundir o traballo dos artistas que realizan a súa actividade en lingua galega.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral