Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Inacio Vilariño en Contos en Rede

Inacio Vilariño percorre este outono dez concellos da Rede de Dinamización Lingüística no marco da terceira actividade do programa FalaRedes: Contos en Rede.

Estas contadas queren servir para incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, aumentar a oferta de actividade cultural en lingua galega para público de todas as idades, así como apoiar e difundir o traballo dos artistas que realizan a súa actividade en lingua galega.

Galego

Historias de África

Os contos non coñecen de fronteiras, atravesan todos os países de África para traernos historias que falan de astucia, de enfrontamentos entre homes e seres fabulosos, de xustiza, de xenerosidade, contos que falan do papel da muller, que fan burla da estupidez... contos con mensaxe e sempre marabillosos, que nos farán coñecer mellor a alma do contienente africano. Para nenas e nenos a partir de 3 anos.

Galego

Monólogo de Quico Cadaval

Nacido en Ribeira en 1960, Quico Cadaval é contador de historias, director de escena e dramaturgo. Comezou o seu traballo a mediados dos anos 80 baixo o mestrado de Xoán Cejudo, que estimulou o seu autodidactismo. Funda a compañía O Moucho Clerc con grandes artistas do teatro galego. Entre os seus traballos destacan Obra (No comment), Um códice clandestino e Shakespeare para ignorantes, esta última en colaboración con Mofa&Befa, pola que recibiron o premio MAX.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral