Contacontos/Narración oral

Triquitraque-Traquetriqui
Palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un trocatriqui) para que na biblioteca os que dormen no berce tamén poidan gozar coas historias no colo daqueles que ben os queren.
Contacontos Dada o Trasno
O trasno Dada deleita os cativos cun repertorio de contos marabillosos, nos que se traballarán valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente ou o traballo en equipo.
Esta actividade forma parte da campaña Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, para dinamizar a lectura.
Vento e chuvia: os antigos deuses galaicos contados por Sole Felloza
Soledad Felloza, da man da palabra e a oralidade, leva o público a un mundo imaxinario, que no seu tempo existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro: o dunha mitoloxía rica e plena de deuses, ata agora case descoñecida.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Triquitraque-Traquetriqui
Palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un trocatriqui) para que na biblioteca os que dormen no berce tamén poidan gozar coas historias no colo daqueles que ben os queren.
Non máis Guerras
Educar para a paz por medio da resolución pacífica de conflitos, amosar os contos como medio de recoñecemento de situacións conflitivas e cómo nos ensinan posibles solucións, e fomentar o uso da biblioteca e a lectura.
Contos do camiño
O narrador oral Santi Prego recompila para esta contada relatos propios ou vinculados coas diferentes rutas xacobeas.
Esta sesión de contacuentos forma parte de programa Cultura no Camiño que leva música, danza, maxia, novo circo e teatro polas diferentes rutas xacobeas.
Contacontos interpretado na lingua de signos
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia interpretará contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais.
Aventuras na cociña
A cargo de Trinketrinke Teatro, espectáculo para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Nesta historia os ratos de Lonxedetodo (Ratos de Biblioteca) son grandes afeccionados á lectura. Coidan moito a súa alimentación e seguen a máxima clásica.
A sesión promove hábitos saudables na alimentación desde os contos e fomenta o uso da biblioteca e a lectura.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Ao abrigo dos contos
O abrigo é o protagonista desta historia. Olga Cuervo cúbrese con el, e del saen os obxectos necesarios para contar diferentes historias. Variados personaxes habitan neste máxico abrigo e só cobran vida cando a contacontos lla dá.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 309
- 310
- 311
- 312
- 313
- 314
- 315
- 316
- 317
- seguinte ›
- última »
