Chiquiclub
Actividade destinada a rapaces de 1 a 3 anos. Érase unha vez uns zapatos con Fátima Fernández o 9 de abril, e Pura palabra con Sole Felloza o día 23
Aberta ata completar aforo. Prégase puntualidade.

Actividade destinada a rapaces de 1 a 3 anos. Érase unha vez uns zapatos con Fátima Fernández o 9 de abril, e Pura palabra con Sole Felloza o día 23
Aberta ata completar aforo. Prégase puntualidade.
A contadora Margarita Castro, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, ofrece unha sesión de contacontos para animar o achegamento dos nenos e nenas á lectura e ao libro.
Unha morea de caixas que agochan palabras, animais e sorrisos. “EntreCaixas” é un contacontos, por momentos interactivo para nen@s e familias acompañantes.
Dedícase a sesión aos alimentos, que se traballarán mediante un conto e a súa teatralidade, unha canción, un xogo de mesa e adiviñanzas.
A terra está triste, non chove, que está acontecer? Pepe Nubes, un ser nubeiro, no seu veloz "Nubinete" procura nenas e nenos que lle axuden a ensinar a ler as nubes construíndo o singular 'Paraugas Dameaugas' e que chovan contos, poesías, esperanzas, tenruras e culturas!
A Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia interpretará contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demáis. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
A cargo de Beatriz Iglesias, para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Unha serie de contos curtos de animais nos que os cativos coñecen por que a xirafa ten ese pescozo tan longo, ou por que aos saltóns antigamente chamábanlle patilongos.. e moitas cousas máis.
Para nenos e nenas de 5 a 12 anos. Se algunha vez pensastes que os contos se poden contar, ulir, ver e escoitar, estade atentos á maleta de Fátima Fernández.
A cargo de Iago López, para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Linda é unha vaca e todas as mañás recibe a visita do carteiro na granxa. Unha visita ao conto da vaca Linda e o carteiro con pesadelos.
A cargo de Teresa Grau, para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Todos, pequenos e maiores necesitamos curitas para as feridas da alma: tristuras, medos, decepcións... cúranse a través dos contos. Porque os contos sanan.