Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Monólogo de Yésica Val

Yésica Val, estudante de Psicoloxía e membro de varios grupos de teatro e de danza é coñecida por algúns como a monologuista cega.
En realidade os monólogos xorden de maneira casual e circunstancial, inspirados por unha experiencia persoal. O espectáculo foi crecendo e enriquecéndose da vida, das cousas que lle sucedían a Yésica día a día e facendo partícipe á cegueira da comedia que vive.

Galego

Bicar mentres me contas

De cantas formas te bicaron na vida? ... algunha vez bicáronte a través das palabras? Nese instante, se ti queres, vas recibir moitos bicos,…tanto como historias. Haberá bicos para suspirar e bicos para inquietar, bicos de auga e bicos do deserto, bicos antigos e bicos para mañá... bicos e máis bicos... 

Sesión de narración oral para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos.  

 

Galego

Cantas preguntas?

Por que ningún animal conta contos a outros da súa mesma especie? Que fago se me atopo unha pantasma e non é da familia? Por qué en occidente cando nace un neno ou nena engádese un cuadrito e en África agrandan o círculo? Como fago para conseguir un soño? A que podemos xogar antes de deitarnos? “Cha-Charo” como lle chaman os nenos e nenas cando conta, encántalle mesturar contos “minúsculos”, como pulguiñas, con contos “tan grandes”, como baleas. Pero sempre é en cada conto, en cada historia… vivir unha aventura tendo como fronteira, “os soños”. 

Galego

Nano canta croac

Nano canta "croac"cando está contento, pero hoxe está moi calado. Que lle pasa a Nano?

Ás veces non é fácil saber como nos sentimos.  Estamos tristes ou  anoxados? Averigüémolo.

Un conto musical para axudar aos mais pequechos a expresar como se sinten. 

Galego

O caracol namorado

Manolo Caracol, amigo do rato Fuco, está namorado e ultimamente só fala en verso.

Participación: máximo 60 nenos/as de 3-8 anos en cada unha das sesións, acompañados/as dunha persoa adulta.

É necesario recoller convite de balde na Biblioteca Rego da Balsa desde o 20 de xaneiro.

Actividade do programa Apego

Galego

Hasta aquí hemos llegao

Soa o teléfono dos tres artistas da compañía, é o produtor que os cita nun aeroporto ou estación de tren para viaxar cara ao seguinte "bolo". Aí comeza a tola aventura de Hasta aquí hemos "llegao". 
Tres cómicos citados nun lugar, pero con dificultades para o encontro. Impuntualidad, descoidos... todo isto fará que o día comece un pouco complicado...

Durante 90 minutos os tres cómicos contarán as súas historias e vivencias relatando as múltiples situacións que poden vivir os cómicos antes de cada nova actuación.

Galego

Que morro!!! (A min tampouco me contaban contos)

A morte deixa de ser unha inquedanza, un medo ou un final. A través das historias que forman este espectáculo, Caxoto contacontos, fai un repaso polos distintos significados que a morte ten na nosa cultura.
Durante 60 minutos póense deixar os malos agoiros a un lado para poder enfrontarse coa morte de igual a igual. Sen perderlle o respecto, pero cun sorriso nos beizos. Quen sabe, igual ata se descubre que hai de verdade na expresión "morrer de risa".

Galego

Humor Infame

O polifacético Carlos Meixide, ofrece con este monólogo unha antoloxía dos mellores números da súa dilatada carreira como humorista, que van do humor raiando no absurdo, cando non absurdo en si mesmo, á apoteose final das súas "extraordinarias exhibicións memorísticas".

Galego

Contos para un Caldiño

Andrea Ea Ea Ea é quen de facer un caldo atípico. Este caldo precisa de ingredientes moi especiais. O primeiro ingrediente son orellas, orellas que escoiten; outros ingredientes que lle darán sabor a este rico caldo son os contos, contos visuais, contos tradicionais e contos dramatizados aderezados con bonitas cantigas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral