Conto contigo con Expresións
Espéctaculo de animación á lectura con contacontos, monicreques e maxia.
Para nenos e nenas de 4 a 11 anos.

Espéctaculo de animación á lectura con contacontos, monicreques e maxia.
Para nenos e nenas de 4 a 11 anos.
O luns de Semana Santa ás 12 h. os cativos e os non tan cativos coñecerán eses inconvintes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día. A través das historias mergullarémonos nun mundo de fantasía no que a verdura, a froita e as legumes serán as protagonistas. Para nenos de 4 a 10 anos.
As actividades da Chiquiteca están destinadas a nenos e nenas de 1 a 3 anos.
Realízase o primeiro e cuarto xoves de cada mes ás 18 horas.
Sesión aberta ata completar aforo.
O oficio das lavandeiras forma parte do imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da historia. Ao seu redor, as lendas e os contos protagonizadas por este grupo de mulleres sucédense ao longo da xeografía galega, tanto física como identitaria.
Desde os 7 anos está vinculado ao mundo do teatro, realizando obras como protagonista e culminando os seus estudos actorais completos en Nancy Tuñon.
Traballou en musicais e animación infantil, tamén en teatro para empresas, mimo e entrevistador rueiro e presentador de eventos.
No mundo audiovisual ten realizado curtametraxes, vídeo clips e campañas publicitarias. Ademais de ser colaborador en Radio.
O venres 18 de marzo ás 18:00 horas na ludoteca. Para 35 nenos e nenas de 4 a 12 anos.
KAMISHIBAI, en xaponés, quere dicir "teatro de papel” sen embargo, é moito máis que iso: todo un universo repleto de historias sinxelas pero ricas en sentimentos e ensinanzas. O kamishibai, orixinouse nos templos budistas de Xapón, onde os monxes, utilizaban os "emakis"; que en realidade eran uns pergameos no que combinaban escritos con imaxes, para compartir mensaxes con ensinanzas aos mais novos

Especial contos teatralizados polo Día do Teatro, a cargo de Raquel Queizás ás 18 h na sala de obradoiros da biblioteca
O conflito entre o ben e o mal está sempre presente nos contos de terror para nenos e nenas e axuda a expresar as súas emocións e vencer os seus propios medos, contribuíndo a prepararse para a vida. Contamos historias tenras, divertidas e duns medos moi particulares para que, mediante o entretemento, a infancia se enfronte aos temores e monstros que habitan os seus soños.
Lugar: Salón de Actos, ás 12:00 h.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Para nenas e nenos de 3 a 12 anos
Nun lugar agochado entre as dunas de vento e as fragas da chuvia, un grupo de historias bailan coa auga e cantan coa area. Queredes bailar con elas?
Lugar: Salón de Actos, ás 12:00 h.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.