Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Outro mundo por descubrir: A viaxe de Irene

Conta contos no que as nenas e nenos da man de Irene e cos cinco sentidos ( oído, olfato, vista, gusto e tacto) achegaranse a cultura doutros países, países que teñen paisaxes,fauna, flora diferentes a nosa, no que hai mulleres e homes que falan linguas e viven de forma diferente a nosa e están dexesando mostrarnos cantos lugares do mundo temos por descubrir.

Actividade de narración oral do programa Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas

Galego

O monstro de cores

O Monstro de Cores quere achegarse a cada persoa para axudala a reforzar a súa autoestima e autonomía.

Nesta actividade xogarase ca expresión das emocións para recoñecernos en cada unha delas e aprender a xestionalas.

Obradoiro e sesión de narraciónal do programa Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas

Galego

O meu pesadelo favorito

Actividade de dinamización da lectura a través dos soños e pesadelos de Manuel, un neno con febre. Este personaxe permite os rapaces e rapaces participantes facer fronte as sensacións, sentimentos e aventuras que propician os soños, á vez que a imaxinación.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

O monstro de cores con As Raiolas

No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a biblioteca propón unha viaxe ás emocións cunha representación teatral de sombras. Logo, os nenos axudarán o monstro de cores a desenlear os seus sentimentos. Obradoiro do Colectivo As Raiolas baseado no libro O Monstro de Cores, de Anna Llenas para rapaces de 3 a 10 anos. Precisa inscrición

Galego

Monólogo de Petróleo

Luis explica as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor perségueo o chunguismo, sen dúbida ningunha.

Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra.

Galego

O traxe novo do rei

Un libro, un cheiro, un conto... Un traxe especial, para un rei especial. O traxe novo prometía ser un capricho inigualable e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia dos habitantes da corte. Pero, sería certo?, funcionaría?; de algún xeito si, pero non como él o esperaba.

Actividade de contacontos con monicreques dentro do programa de dinamización lectora Ler conta moito

Galego

A falta de pan, bos son contos

Hainos delicadiños para comer. Hainos que comen os bens dun cura. Pero como ben din os que saben; o comer e o rañar todo o malo é empezar. Abride ben as bocas que aló vai a primeira bocada.

Sesión de narración oral para o programa de dinamización lectora Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral