Pepiña Maruxiña quere voar
Pepiña Maruxiña quere voar conta a historia dunha xoaniña e como, a través da súa constancia e tenacidade, consegue esas ás que precisa para poder voar.
Este conto está baseado na tradición popular de cantarlles ás xoaniñas, co obxectivo de recuperar esta tradición oral, e agora forma parte das actividades dinamizadoras de Ler conta moito.

