Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O poeta do Miño

A partires do poema de Manuel María "Os peixes do Miño", contamos, debuxamos e musicamos unha historia onde haberá: aventuras ,perigos, medos a perda de inspiración, amor e moito Manuel María.

Esta actividade está baseada no libro  "O poeta do Miño" Edicións do Cumio 2015, da que somos autores.

Galego

O coelliño branco

O Coelliño Branco é un monicreque cheo de tenrura, que protagoniza toda a función.

Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración de nenos e adultos asistentes para festexar o Día do Libro.

Duración: 40 minutos

Galego

Bibliocanta

BiblioCanta é unha fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ao cancioneiro tradicional galego á vez que degustan e gozan das cancións propostas.

Unha nova forma de lecer e de expresión.

Duración: 50 min.

Galego

Estrafalaria

Alicia collera por costume, escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Henry,deráselle por beliscar nos libros, como si non houbera mañá. A avoa e papá dicían que os meus amigos eran raros. Mais eu sempre pensei que iso de ser raro é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?

Galego

Que anos aqueles!

Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou no.

Galego

Contos que deixan pegada

Unha sesión de contos orientada a transmitir valores sen caer no didactismo e afastándose de moralismos.

Contos que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite.

Dirixida a nenos a partir de 4 anos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Don Quijote

Celebrando o cuarto centenario do Quijote, para achegar a lectura clásica aos rapaces, presentamos este espectáculo de maxia no que se fán referencias ó libro «Erase una vez el Quijote» unha adaptación da editorial Vicens.

Actividade de animación lectora da campaña Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

O traxe novo do rei

Un libro, un cheiro, un conto... Un traxe especial, para un rei especial. O traxe novo prometía ser un capricho inigualable e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia dos habitantes da corte…. Duración: 45 minutos

Actividade dentro do programa Ler conta moito.

Galego

Cantacontos

Os cantacontos faranos bailar, cantar, contar e soñar ao ritmo da guitarra, do bater das palmas e do latexar do corazón. Unha actividade para compartir todos xuntos, participando cos nosos pés, coas nosas mans, cos nosos propios ritmos... que non nos deixará indiferentes. Duración: 45 minutos 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral