Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Bou Catrineta

Na Bou Catrineta, título que fai referencia ó romance portugués do mesmo nome, cóntase a historia dunha familia de lavandeiras insidiada polo demo de pelo azul Cobillón.

Nesta historia mestúranse saberes tradicionais, refráns, cancións, contos populares e o romance histórico da Nau Catrineta para contar unha historia na que finalmente o demo sae escaldado.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da  Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Babacontos con Manuel María

Contos e poesías de Manuel María forman gran parte do repertorio deste Babacontos.

Utilizando as ferramentas da narración oral tradicionais, os rapaces e rapazas coñecen algunhas das súas poesías de “Os soños na gaiola”, nas súas versións cantadas, e o conto “O bigote de Mimí” da man da actriz Larraitz Urruzola.

Actividade de Ler conta moito, de la Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Outro mundo por descubrir: A viaxe de Irene

Conta contos no que as nenas e nenos da man de Irene e cos cinco sentidos ( oído, olfato, vista, gusto e tacto) achegaranse a cultura doutros países, países que teñen paisaxes,fauna, flora diferentes a nosa, no que hai mulleres e homes que falan linguas e viven de forma diferente a nosa e están dexesando mostrarnos cantos lugares do mundo temos por descubrir.

Actividade de narración oral do programa Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas

Galego

Nola e María na Terra Chá

Sarabela teatro achegan dun xeito divertido a figura de Manuel María aos pequenos de 5 a 10 anos. Aberta ata completar aforo.

Manuela (Nola) e María son dúas viaxeiras incansables, levan a maleta cargada co que aprenderon doutras culturas. O seu próximo destino é a terra onde todo é cantiga grazas ás palabras de Manuel María: a Terra Cha. Percorrerán os lugares onde se inspirou o poeta chairego nun constante xogo de interacción co público para descubrir os encantos da natureza e das súas xentes.

Galego

Conto me río

Nano está medrando moi apresa, xa sabe facer moitas cousas el so, pero non quere deixar de usar o cueiro. As veces xogando todo parece máis sinxelo e divertido, para usar o penico Nano montará un circo…

O venres 27 de maio ás 18:00 horas na ludoteca, para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Galego

Compartindo contos

Contacontos a cargo de alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Compostela, con Verónica Ramas Rey, Víctor Sanabria Marchena, Lara Montero Pájaro, Estefanía Aldrey Dono, Lisette Reclusa Muñoz e Carla Bascuas Moure. 

Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contacontos

Margarita Castro, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, len contos ás nenas e nenos que se achegan á biblioteca. Dirixido a nenos e nenas de 4 a 8 anos.

Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral