Rosa, a loitadora de Sabucedo
Sesión de contos máis obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento.
Na sala de obradoiros da biblioteca.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Sesión de contos máis obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento.
Na sala de obradoiros da biblioteca.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Un espectáculo de contacontos con monicreque protagonizado por un rato soñador e moi imaxinativo e un bibliotecario e escritor.
Sebastián é un soñador, un rato cunha imaxinación enorme, capaz de soñar coas historias máis fermosas e misteriosas. Braulio é un home, un sabio bibliotecario e escritor que manexa tódolos títulos e historias coñecidas ou descoñecidas. Son xa moitos anos nos que Braulio visita a Sebastián cada noite aproveitando seu profundo soño para espiar os seus soños e anotar todas as historias que relata en voz alta mentres imaxina e soña.
Contiños cheos de sorpresas e emocións onda nada é o que parece. Contos de festa e historias miudiñas para pequenos navegantes...
Para 20 nenos/as de 0 a 3 anos. É preciso apuntarse, a partir do luns 26 de setembro no mostrador da sala infantil.
O pequeno Martiño vai de excursión as montañas coa súa familia. Alí, lonxe da casa atopa un gran animal que precisa da súa axuda ...
Na ludoteca, para 30 para nenos/as de 4 a 12 anos. É preciso apuntarse a partir do luns 19, no mostrador da sala infantil.
Dúas tías disparatadas buscan un agasallo para o seu sobriño. Ten que ser grande, suave, forte, divertido, …
Na ludoteca, para 30 nenos/as de 4 a 12 anos. É preciso apuntarse, a partir do luns 12 no mostrador da sala infantil.
Nano está moi feliz, naceu a súa irma máis pequena, Nona, e vai coidar dela. Pero ao chegar a noite Nona non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa coma sexa.
Na ludoteca, para 20 nenos/as de 0 a 3 anos. É preciso apuntarse no mostrador da sala infantil a partir do luns día 5 de setembro.
A Biblioteca cede un espazo para a celebración dun contacontos sobre as vivencias propias das persoas que padecen algún tipo de demencia con motivo da celebración do Día Mundial do Alzhéimer.
Organiza AGADEA, en colaboración con Celso Fernández Sanmartín.
Para todos os públicos.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Neste contacontos os animais son fíos condutores, e a palabra a maga que dá vida ás verbas.
Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Os estereotipos de personaxes reflicten unha realidade, o obxectivo destas historias é mudar esa realidade e tentar concienciar á infancia na diversidade e a inclusión plena, porque todas as persoas somos únicas e diferentes.
Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Sesión de contacontos a cargo de Bea Campos da compañia Migallas ás 18 h na sala de obradoiros