Canto Conto
Espectáculo participativo de contos e cancións con moito humor, a cargo de Expresión Produccións ás 18 h na sala de obradoiros

Espectáculo participativo de contos e cancións con moito humor, a cargo de Expresión Produccións ás 18 h na sala de obradoiros
“Iso é un lucecús?” “Non, é unha lanterna”. “E aquilo, é un caracol?”“Non, é un metro”. Os obxectos que atopas no teu fogar poden converterse, grazas ao poder da túa imaxinación, en personaxes fantásticos que vivirán fabulosas aventuras nunha fotonovela que ti mesmo/a crearás. Porque as cousas máis pequenas que tés ao teu redor tamén contan historias.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Narración oral con contos de medo, de amor, de pequenos e de grandes... todos revoltos na maleta da contadora.
Sesión de contacontos de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia
“Desde o meu ventre, cheas a caricia precisa e o bico inesperado medra xa sen descanso; o teu pai, moi próximo, persegue os teus latexados, recoñece o meu corpo con mans infinitas, trazando os perfís do teu ser palpitante.
Rumores no meu ventre lémbrannos que existes, es a rosa branca que arde nas miñas entrañas e faime muller, muller xa sen remedio…” (Elisa Constanza).
Cando o sol sae, un mundo enorme ilumínase. Un mundo para descubrir e xogar con él. Un mundo de contos e cancións para contar o que vemos.
Actividade dentro da programación que esta semana se lle adica a festexar o Día da Biblioteca-24 de outubro.
Tirando do fío é unha invitación a aloumiñarse, a adiviñar, a escoitar sons e a cantar, a xogar, a confiar... pero tamén a tirar dos fíos das historias que se enredan nas nosas orellas e mans. Tiramos do fío?
Halloween e Drácula! Unha xornada de medo para colorear, cantar e xogar ás adiviñas.
Din que os trasnos aliméntanse da felicidade dos demais, por iso hai un trasno que vai de cidade en cidade, de pobo en pobo, contando historias para facer felices a todos os nenos e nenas.
Sesión de contacontos, dentro do programa de actividades conmemorativas do Dia da Biblioteca - 24 de outubro.
O meu avó, Domingo Martín, nas noites de lume e cheminea, dicía que con tanto brillo é imposible gardar un segredo.
Contos para vivilos ao mesmo tempo que se aprenden as vocais, os números, o valor dos soños e o amor pola nosa lingua.