Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Feliz feroz

O lobo feroz recibe na súa casa ao seu sobriño o lobiño pequeniño. O lobiño vai xunto de seu tío para aprender a ser feroz.

De 3 a 12 anos. Sala infantil.

Galego

Cóntame outra vez

Os contos clásicos son atemporais, máxicos e estimulan a imaxinación da infancia. Lobos, ogros, heroínas e animais son personaxes que simbolizan o positivo e o negativo e que lles axudan a superar os seus conflitos. Contamos para o público infantil contos de sempre para desfrutar como nunca.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de soños

Un día soñei que ... un dragón voou xunto á miña fiestra. Unha princesa quería un traxe novo e un neno converteuse en peixe. E ti? Que soñaches?

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de animalario

Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que pudieramos ver, chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chivos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bechos estraños, cabalos azuis...
 
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos infantís

Margarita Castro, María José Pardo e Esperanza Limia, participantes do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, comparten o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.

Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Contos infantís

Margarita Castro e Esperanza Limia, participantes do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, comparten o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.

Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Contar é caer da burra

O poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín narrará contos e historias de vida ligadas á nosa tradición oral. Historias fiadas no momento, diante dos atentos oídos e ollos das persoas presentes, coa intención de que lles afloren os recordos na memoria.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral