Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Bicar mentres me contas

Actividade de narración oral destinadas a rapaces de 1 a 3 anos. Xoves alternos ás 18:00. Aberta ata completar aforo. 

O segundo e cuarto xoves de cada mes, ás 18 horas os meniños e meniñas poden asistir a actividades especialmente pensadas para eles.

Galego

Triquitraque - Traquetriqui

Palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un trocatriqui) para que na biblioteca os que dormen no berce tamén poidan gozar coas historias no colo daqueles que ben os queren.

Para bebés de 0 a 3 anos.

Con inscrición e recollida de invitacións a partir do 15 de febreiro, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (986 85 08 38)  de 9:00 a 20:30 h.

25 bebés (1 adulto por cada bebé)

Galego

O libro máxico

Espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo.

Esta historia comeza cun libro máxico e xigante no que aparecen personaxes fantásticos que traerán contos para contar, cantar, rir e facer maxia.

Espectáculo educativo e lúdico. Para público familiar, a partir de 4 anos.

Galego

Contos da montaña (rusa)

Contos da Montaña (rusa) é un espectáculo de narración oral en lingua galega (con algúns fragmentos en portugués e inglés), concibido como unha viaxe nunha atracción de feira con paradas no Brasil, en Escocia, no País de Gales ou na propia Rusia.

Para púbico familiar, a partir de 3 anos.

Galego

Os xoves cóntame un conto

Xoves 4 e 18 de febreiro: Margarita Castro, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia. Xoves 11 e 25 de febreiro: Gisela Pérez e Cristina Señarís, estudantes en prácticas de Animación Sociocultural, do IES Pontepedriña e de FESAN, respectivamente.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral