Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

You're amazing Rudolph!

Esta sesión de Nadal dedicarase á historia de Rudolph e de como se converteu no reno que guía o trineo de Papá Noel. Ademais, revisarase e ampliarase o vocabulario do Nadal mediante dúas cancións, unha ficha e xogos de adiviñas.

This Christmas session will be about Rudolph´s story and his transition into the reindeer which leads the way for Santa Claus´s sledge. Furthermore, previously taught Christmas vocabulary will be revised and enriched through the use of two songs, handouts and several guessing games.

Galego

Teatro na mochila

O contacontos Anxo Moure apresenta un novo e novidoso, singular e imaxinativo proxecto de animación e contacontos. O primeiro teatro do mundo que viaxa nunha mochila reutilizada, unha proposta de animación a lectura con contos, monicreques, paiasos...

Onde están os contos? Na mochila/ Onde están os soños? Na mochila/ E a tenrura? Na mochila/ Onde están as historias? Na mochila/ E a esperanza? Na mochila/ Onde está o teatro? Na mochila

Galego

Vai de bechos

Un león, un rato, un sapoconcho, un elefante… Centos de animais poboan as historias, as adiviñas e as cancións deste espectáculo. Que animal será quen de vencer o vento? Poderá construír un rato un palacio? Quen, de entre todos os habitantes da selva, nos regalou un instrumento musical? Seremos capaces de contar todos os animais que viven no mar? Animais, animálculos, feras, bestas, bechas, bechocos, e algún monstro serán os protagonistas desta sesión de contos.

Na ludoteca, para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Galego

Historias antes do Nadal

Espectáculo de narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante. 

Pavís Pavós é un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.

Entrada de balde ata completar de aforo

Galego

Regueifa e Freestyle: improvisando en galego

O proxecto Regueifa e Freestyle: improvisando en galego é unha iniciativa de normalización linguística impulsada polo IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e o IES Maximino Romero de Lema, de Baio. Ten como obxectivo impulsar a regueifa e promover a improvisación oral no mundo do ensino como forma de socialización entre a xente nova, ademais de como instrumento para desenvolver habilidades lingüísticas e como recurso para estimular a creación musical.

Galego

Merenda con pan de millo

Espectáculo de pequeno formato de música e narración oral de Migallas Teatro. Está baseado no libro-cd de Kalandraka, coa produción musical de Paolo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e contacontos que ten como fío condutor o proceso de elaboración do pan de millo.

DIRIXIDO A:

Para nenas/os + 4 anos

CANDO:

19/11/2016INSCRICIÓNS:

Galego

Historias encontadas

Espectáculo de narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante. 

Pavís Pavós é un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.

Entrada de balde ata completar de aforo

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral