Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Un Magosto de Medo

O Samaín, a noite de Defuntos, a Santa Compaña, os magostos, o outono… A tarde do 5 de novembro convidámosvos a vivir en familia unha contada de medo! 

Primeiro teremos que ambientarnos para a ocasión, tiznando a cara  tal e como manda a tradición dos magostos e aprendendo a elaborar con castañas asadas o popular rosario de zonchos. Unha vez listos, a narradora Raquel Queizas descubriranos contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias nas que todos seremos protagonistas.

Galego

Contos de ida e volta

 

Con inscrición previa a partir do luns 17 de outubro, na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 886 159 250 de 9:00 a 20:30h.

25 bebés, que poderán ir acompañados dun adulto por cada un.

Para bebés de 0 a 3 anos.

 

Galego

Chiquiclub: Cambio e conto

Raquel Queizás visítanos de novo co noso amigo Nano. Desta volta Nano está moi feliz porque naceu a súa irma máis pequena, Nona, e vai coidar dela. Actividades destinadas a rapaces de 1 a 3 anos. 2º e 4º xoves do mes ás 18:00. Prazas limitadas. Pódese recoller invitación dende o sábado anterior á actividade.

Galego

Chiquiclub: Arrólame cos teus contos

Con Charo Jaular  lembraremos a música que nos acompaña desde o ventre materno, arrorolos e nanas que agora pel con pel repetiremos xuntos, ritmos e melodías que fan únicos eses momentos de intimidade. 

Actividades destinadas a nenos de 1 a 3 anos.

Segundo e cuarto xoves do mes ás 18:00.

Prazas limitadas. Convites dispoñibles desde o sábado anterior á actividade. 

Galego

O Comenoites

O Comenoites é un duende regordiño encantado de comer a noite para que o sol pida saír outra vez e traerlles luz, calor e color a todos.

Un día, a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer. Cal é o problema? Pois que se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol non volverá a saír nunca.

Volverá o Comenoites a comre algún día e entón volverá o sol?

Unha bonita historia coa que as nenas e nenos descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral