Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

The elf's inventions

Contacontos en Inglés para nenas e nenos de tres a oito anos. 

As storytimes son representacións teatrais 100% en inglés. A través de distintos personaxes, cancións transportamos a os nenos e nenas a un mundo cheo de fantasía.

Sinopse de "The elf's inventions":

Papá Noel é un home moi ocupado e por iste motivo Duster, un dos seus elfos, creou dous novos inventos para axudalo: o Freezifier e o Bad- O - Meter. Conseguirán os inventos de Duster salvar o Nadal? Ou o estragarán?

 

Entrada de balde ata completar de aforo.

Galego

O bardo Abelardo

Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos dos seres que habitan no fondo das fragas, dos ríos e dos mares. Como a súa cabeza está chea de paxaros, voa de vila en vila e de cidade en cidade contando e cantando contos e historias.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Un Nadal cheo de contos

Poñemos nos zapatiños de todas as nenas e nenos contos feitos de maxia e ilusión. Cantamos panxoliñas e contamos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… Contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas que seguramente algún día serán realidade.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos argalleiros

Algarada de contos argalleiros, cantos, risas e tambores. Mi madriña! que festeiros! Brincos, berros e tremores.
 
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos infantís

Margarita Castro, María José Pardo e Esperanza Limia, participantes do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, comparten o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.

Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Cambio e conto

Contacontos a cargo de Raquel Queizás. Nano está moi feliz, naceu a súa irmá máis pequena, Nona, e vai coidar dela. Pero ao chegar a noite Nona non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa coma sexa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral