Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cores

Na casa de Violeta ultimamente hai bastantes problemas. Tantos que Violeta, seu pai e súa nai teñen que deixar a súa casa e ir á da avoa. Pero o peor aínda estaba por chegar. Unha noite Violeta, metida na cama con súa avoa, comeza a soñar en branco e negro. Os seus soños quedaron sen cores! Menos mal que alí estaba a avoa e un vello libro cheo de cores e de contos para soñar, rir e volver a crer que os problemas teñen solucións e os nosos soños poden ter todas as cores que queiramos.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

 

Galego

Ollo, piollo!

Contos e cancións para xogar ao agocho con imaxes e palabras, para xogar ao "vexo, vexo" e adiviñas para descubrir o mundo xuntos cunha mirada curiosa e ollos riseiros.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Aforamento: 30 nenos/as acompañados cada un/ha por un adulto.

Galego

Contos que alimentan

Hoxe levanteime con fame de historias, pásame a miúdo... Os contos alimentan, por todos é sabido, que mellor oportunidade para demostralo que participar nesta degustación. Se queres saber a que saben abre as orellas. Bo proveito!!

Idade: a partir de 3 anos.

duración: 45 minutos.

Galego

Contos de ida e volta

 

Con inscrición previa a partir do luns 6 de febreiro, na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 886 159 250 de 9:00 a 20:30h.

20 bebés, que poderán ir acompañados dun adulto por cada un.

Para bebés de 0 a 3 anos.

 

Galego

Historias encontadas

Espectáculo de narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante. 

Pavís Pavós é un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.

Entrada de balde ata completar de aforo

Galego

Monólogo do imbécil

Sinopse: A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir a  escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar con una rapaza coma todo o mundo, pero sempre  sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral