Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Perder o medo a través da poesía

A actividade de María Canosa consiste na narración na voz dunha nena (a propia autora) que de pequena tiña medos, pero que aprendeu a escorrentalos a través da poesía. Cada un dos poemas trata un dos medos que normalmente afectan á infancia (escuridade, treboadas, pallasos, médicos...), ao final do cal se amosan as razóns polas que se debe eliminar ese pánico.

Sábado 18 de marzo ás 12 h.

Entrada libre para nenas e nenos + 3 anos

Galego

Contando con Rosalía

O espectáculo Contando con Rosalía é un xeito diferente de achegar aos máis novos á ilustre poeta galega cando se cumpre o aniversario do seu nacemento.

Rosalía serve de fío condutor para narrar unha serie de contos, historias e poemas elaborados especificamente para un público infantil con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos.

Galego

O berce da auga

Contos de Xacias e barqueiriños. Cantos da chuvia e do vento para adormecer e despertar á xente miuda.

Duración: 30-35 min.

Aforo: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto.

De 0 a 3 anos.

Galego

Kamishibai de Juste

Kamishibai, en xaponés, quere dicir "teatro de papel”. Non entanto, é moito máis que iso: todo un universo repleto de historias sinxelas pero ricas en sentimentos e ensinanzas.

O kamishibai orixinouse nos templos budistas de Xapón, onde os monxes, utilizaban os "emakis"; que en realidade eran uns pergameos no que combinaban escritos con imaxes, para compartir mensaxes con ensinanzas aos mais novos. Os contos narrados no seu Kamishibai, lévannos a unha viaxe a través de lendas e mitos de distintos lugares do planeta…

Duración: 45 min. aprox.

Galego

Here comes the Easter bunny

This session will be all about the Easter bunny and how it always brings the Easter eggs for everyone. We will learn the Easter vocabulary and finish off with a Easter song and a fantastic art and craft for everyone to take home. // “Aquí vén o coelliño de Pascua”. Esta sesión trata sobre o coelliño de Pascua e, como sempre, leva ovos de Pascua a todos. Aprenderemos vocabulario sobre este tema e terminaremos cunha canción e unha manualidade fantástica para que todos leven a casa. Duración: 60 minutos aprox. Aforo: 35 nenos/as. A partir de 3 anos.

Galego

O cociñeiro Martiño

Non palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Búscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións... Duración: 45 min. aprox. Aforamento: 35 nenos/as. A partir de 3 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral