Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mariña. Contos nados no mar

Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar. Agora comparte con nós todas as súas historias e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.

Actividade de narración oral para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: a partir de 3 anos

Galego

Perder o medo a través da poesía

A actividade consiste na narración na voz dunha nena (a propia autora) que de pequena tiña medos, pero que aprendeu a escorrentalos a través da poesía. Cada un dos poemas trata un dos medos que normalmente afectan á infancia (escuridade, treboadas, pallasos, médicos...), ao final do cal se amosan as razóns polas que se debe eliminar ese pánico.

Actividade de narración oral para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: 3-6

Galego

Contiario

No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas...

Actividade de narración oral para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: 4 a 10 anos

Galego

Cantacontos de aquí para alá

Unha viaxe por países coma Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Galicia e lugares máxicos por descubrir. Cantaremos co público xéneros musicais coma o rock, a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska, descubriremos paisaxes sonoras distintas gozando e aprendendo ao mesmo tempo. É un formato reducido ideal para bibliotecas e espazos pequenos.

Actividade de narración oral para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: 3-14

 

Galego

Filipa cos contos

Sinopse: A miña amiga Filipa, (moneco "muppet") mais eu, propoñémosvos, a partes iguais, unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares (Letras Galegas 2017), amenizados con música e canción en directo (guitarra e voz).

Actividade de narración oral para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: 3 a 12

Galego

Mergullámonos?

Mergullámonos? Un conxunto de historias que nos convida a explorar o mundo das emocións.

Actividade de narración oral para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: 0-9 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral