Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Familia? Non grazas

Elenco: Pedro Brandariz Gómez

Familia? Non grazas é un espectáculo no que o monologuista, Pedro Brandariz, analiza dunha maneira cómica as relacións familiares que se dan entre as fillas e fillos e as nais e os pais, e tamén coas avoas e avós, as irmáns, os curmáns, a familia de lonxe, a familia de cerca … Todo esto dende un punto de vista humorístico e teatral que provocará as gargalladas do público.

Todas as persoas vivimos no seo dunha familia, máis grande ou máis pequena, polo cal a identificación coas historias que narra o "noso contador de historias" será total.

Galego

Cocorocó

COCOROCÓ é un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación  co público.
 Pero...quen canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala  Manolito Listón porque él di que  unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas  vermellas na á dereita , non é unha galiña como debe ser pero...

Galego

Contos nas orellas

  • Contos de risa, trasnos e carapuchiñas. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación...

    "Contos nas orellas" engloba cinco sesións diferentes para escoller, cada unha delas arredor dun tema: a diversidade, O Nadal, a risa, a tradición oral e os primeiros contos para bebés. Ditos, cancións e pequenos xogos tradicionais salpican todas as sesións, que teñen como finalidade o gozo da literatura por parte dos pequenos/as.

Galego

Monólogo de Marcos Pereiro

Marcos Pereiro é todo un camaleon do humor e do audiovisual en Galicia. Presente nunha chea de proxectos relacionados coa escea e a televisión na última década, formou no ano 2000 o dúo cómico Os Dous de Sempre xunto co seu inseparable socio e amigo, Xosé Antonio Touriñán.

Galego

Monólogo de Isi

O instinto cómico de José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal até que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores poden gozar na televisión ou nos escenarios da arte de Isi para convertir os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar da risa. As historias sobre a súa particular familia con tres nais e sobre os seus histriónicos veciños e o falar rápido e nervioso son a súa especialidade, sen esquecerse dos mellores chistes de sempre.

Galego

Falar sen cancelas

Espectáculo con tres cómicos excepcionais, coñecidos polo público e respectados pola profesión, como son Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, que intercalarán sobre o escenario unha serie de monólogos propios, gags, recursos e xogos de improvisación que farán de cada representación unha aventura diferente e única.

Galego

A noite do capador

Por Josito ou Moncho, os personaxes que interpreta en Padre Casares e Era visto! coñéceno en media Galicia. Este lingüista metido a actor, mazaricano de trinta e oito anos, é xa un dos grandes da ficción no audiovisual galego.

Como humorista, é un dos máis experimentados de toda Galicia. Con máis de 15 anos de experiencia nas nosas pantallas e máis de 5 anos nos escenarios, Federico Pérez é un dos máis recoñecidos actores da nosa terra. A noite do capador, recén estreada, é a súa última obra, na que participou na creación o dramaturgo Jose Luís Prieto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral