Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A noite do capador

Por Josito ou Moncho, os personaxes que interpreta en Padre Casares e Era visto! coñéceno en media Galicia. Este lingüista metido a actor, mazaricano de trinta e oito anos, é xa un dos grandes da ficción no audiovisual galego.

Como humorista, é un dos máis experimentados de toda Galicia. Con máis de 15 anos de experiencia nas nosas pantallas e máis de 5 anos nos escenarios, Federico Pérez é un dos máis recoñecidos actores da nosa terra. A noite do capador, recén estreada, é a súa última obra, na que participou na creación o dramaturgo Jose Luís Prieto.

Galego

Como che conto

Narrador: Cándido Pazó

 “Como cho conto...” é un espectáculo de narración oral, unha sesión de contos na que se van enfiando historias, anécdotas, lerias... de creación propria, as veces baseadas na tradición oral, ou ben na literatura axeitada á oralidade.

Nunha mistura entre o narrador e o xogral da palabra, entre o charlatán de feira e o cómico, as historias de cada sesión escóllense e réxense sobre a marcha, dependendo do ambiente, o público concreto, a gana e inspiración do “conteiro”, as circunstancias do día...

Galego

Libros agochados

 

Quen viu algunha vez un libro nun bambán, ou tomado ou sol a beira dun río?

Quen non escoitou falar do baile dás follas escritas?

Quen non recorda a nana do libro durmido? Están aí, entre nós, agochados de diferentes formas... "  Hai que saber ollar. Comezamos por mirar polo ollo dá fechadura do libro porta, que ves?" Unha danza de bolboretas xogando con pequenas letras.

Galego

Palma repalma, contos para bebés

Existe unha riqueza espectacular na tradición oral que precisa ser recuperada. Sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para bebés.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Con inscrición a partir do 3 de abril, luns, na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono (886 159 250) de 9:00 a 20:30h.

As invitación recolleranse na planta baixa (información).

20 bebés (2 adultos por bebé)

 

 

 

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral