Un mundo diferente
Neste mundo diferente o público forma parte do espectáculo fundíndose entre cordas, panos, cartas, globos e outros elementos máxicos. Duración: 45 min. Aforo: 35 nenos/as. Inscrición previa. A partir de 3 anos.

Neste mundo diferente o público forma parte do espectáculo fundíndose entre cordas, panos, cartas, globos e outros elementos máxicos. Duración: 45 min. Aforo: 35 nenos/as. Inscrición previa. A partir de 3 anos.
Bebecontos infantil 'Os cinco sentidos' por Xeitura - Xestión Integral do Patrimonio Cultural.
Descubrimento dos sentidos a través de novas metodoloxías educativas, aplicando a divulgación e o interese da prelectura en bebés e descubrindo a creatividade individual e colectiva ao tempo que se fomenta a interrelación familiar.
Lugar: sala infantil da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Para bebés de 3 meses a 24 meses..
Data: sábado 6 de maio ás 12 horas
15 prazas.
A música de violín e os contos fabricados polo Contador de Contos con Efecto Retardado combínanse e entrelázanse nun novelo de historias que se irán desfiando de vagariño, nas que tropezaremos coa invención de cousas estrambóticas e imposibles
HORARIO: 12:00
PÚBLICO DESTINATARIO: Nenas e nenos de + 4 anos
Entrada libre
Contacontos que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a formación dos planetas, estrelas, astros... apoiado cunha pequena escenografía onde mostramos os distintos obxectos celestes e contando coa proxección de fotografías e debuxos, Pepablo Patinho convida o publico a unha viaxe polo medio do cosmos acompañado das personaxes dos seus contos.
Actividade do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Sinopse da actividade: A señora Emilia ten un pucheiro onde fai caldo de picurruchos, cocido de vento e outras delicias. Pero como a señora Emilia é moi xenerosa, presta o seu pucheiro e...
Estas son as historias, de aquí e de alá, de medo e de risa, tristes e enxeñosas, que se poden escoitar nesta actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Os contos son como bolboretas, ou millor, como avionciños de papel…. Hai avións de papel grandes e contos moi longos, hai avións de papel vermellos e contos que falan do amor, hai avións de papel azuis e contos que falan dos soños, hai avións de papel verdes e contos que falan da esperanza…… E todos eses avións-contos van voando cara o seu país, O PAÍS DOS CONTOS. Na ludoteca, para 30 nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Actividade desenvolvida para Ler conta moito polo escritor Xosé Carlos Caneiro ao redor da figura e do imaxinario dos contos de Carlos Casares, homenaxeado coas Letras Galegas no 2017.
O espectáculo Concerto bucólico conta a historia de Pedro, o tátaraneto do Gaiteiro Bucólico, quen herdou un montón de instrumentos, partituras, e trebellos aos que decide sacar o polvo e facer soar de novo. Agora Pedro vestindo o vello chaqué e o sombreiro de copa do seu antepasado, narra a historia deste, facendo unha viaxe sonora dende que era un neno de aldea que facía as suas primeiras frautas con pallas e herbas, ata que se convertiu nun musicólogo moi importante e de moita sona.
Sinopse: Alicia collera por costume, escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Henry, daráselle por beliscar nos libros, como si non houbera mañá. A avoa e papá dicían que os meus amigos eran raros. Mais eu sempre pensei que iso de ser raro é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?
Monólogo "Made in Galicia" no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela... do moito que cambiaron ou no.