Lavandeiras
Vero Rilo leva a súa especial sesión de narración oral ao redor dese oficio tan noso como o das Lavandeiras ao festival De Perto. A palabra contada, cantada ou rimada.

Vero Rilo leva a súa especial sesión de narración oral ao redor dese oficio tan noso como o das Lavandeiras ao festival De Perto. A palabra contada, cantada ou rimada.
O festival De perto. Palabra cantada, contada ou rimada continúa coa súa programación.
Desta vez, tócalle a quenda a Cándido Pazó que co espectáculo Como cho conto levará todo ese repertorio recompilado das historias propias da nosa narración oral .
Continúa a quinta edición do festival De Perto. Palabra contada, cantada ou rimada e, desta volta, coa intervención de Talía Teatro a e o seu espectáculo Bicos con lingua.
Máis información, aquí.
Actividade de animación na que contaremos historias terroríficas e faremos divertidas actividades, Imparten: Marisol e Carla, bolseiras da biblioteca.
Para rapaces de 6 a 12 anos. Inscrición previa.
Continúa a quinta edición do festival De Perto. Palabra contada, cantada ou rimada e, desta volta, coa intervención de Soledad Felloza e a súa Xeografía do imaxinario, contos que nacen dos seres míticos.
Máis información, aquí.
Comeza a quinta edición do festival De Perto. Palabra contada, cantada ou rimada e faino coa intervención de Paula Carballeira con Os contos que me contaron.
Máis información, aquí.
Contacontos sobre a igrexa dos franciscanos co gallo do Día Internacional dos Arquivos.
Espectáculo de narración oral a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla), para nenas e nenos de tres anos en adiante.
Sinopse: Os contos transladannos a un estado especial de imaxinación, de ilusión e de escoita.
Espectáculo dentro da programación de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Margarita Castro e Esperanza Limia, participantes do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, comparten o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.
Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Historias de animais, nas que as nenas e os nenos poderán descubrir esquíos, gatos, coellos, porcos, raposos, cans... con características moi especiais e que posúen as mesmas calidades e defectos que teñen as persoas: inxenuas, engreídas, amables, ariscas, medorentas, pícaras, valentes... Son animais humanizados, do mesmo xeito que a súa contorna, as súas casas e as súas aventuras.
No salón de actos, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.