Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Miudiños miudiños

Miudiñas historias e cancións para os nosos miudiños preferidos, cores, sorpresas e sons, e todo moi pero que moi miudiño.

Duración: 30 - 35 min. aprox. 

Aforo: 25 nenos/as acompañados cada un por un adulto. Inscrición previa.

Público: de 0 a 3 anos.
 

Galego

Continentes

Contos do mundo en pequenas maletas. Un mundo de contos para nenos e nenas.

Duración: 45 min. aprox.

Aforo: 35 nenos/as. Inscrición previa.

Público: a partir de tres anos.

Galego

Nabiza girl

Chelo Garcia Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, é unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida. Os seus poderes proveñen do sulfato.

Galego

Contos para bebés

Pavís Pavós propón unha sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para bebés, que ao mesmo tempo supoñan unha ferramente para os papás e as mamás. O obxectivo é tamén recuperar e transmitir a nosa rica tradición oral.

Actividade para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Contos encantados

Espectáculo de narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante. 

Sinopse: Os contos transladannos a un estado especial de imaxinación, de ilusión e de escoita.

 

Espectáculo dentro da programación de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

 

Galego

Paporrubio

Paporrubio é un paxaro pequeno, imaxinativo e xogetón que ten como propósito divertir, levando sempre consigo unha morea de soños para compartir.

Galego

Caixa de ilusións

 

Unha caixa con múltiples obxectos dentro dará lugar a numerosas historias.

Sábado 23 de setembro, na Sala Infantil, ás 12:00 h.

Para nenos/as de 3 a 12 anos

Por Olga Cuervo

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O cociñeiro Martiño: contos na cociña

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Alguén que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións. Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa. 

Para nenos/as de 3 a 12 anos.

Por Iago López

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral