Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Pescando contos

O mar, o misterioso mundo oceánico é o epicentro desta sesión. Contos salgados, mollados, contos vellos e novos, historias de peixes e de quen os pesca, historias das
nosas rías e tamén de mares remotos. Mergullarémonos nun mar de historias, nadaremos polas profundidades e sairemos á superficie para coller aire, remataremos salgados e empapados de palabra.

No salón de actos, para nenos e nenas maiores de 4 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contando contos

Contos para pequenos, para maiores. Para o verán e para o inverno. Para antes de comer e para despois de cear. De animais e princesas. De bruxas e sorpresas. Contos de todo tipo que non te podes perder. Queres que cho conte outra vez?.

No salón de actos, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Oriente máxico

Queres que che conte unha historia extraordinaria e marabillosa?

Viaxaremos a un mundo onde evocaremos ese lugar máxico onde todo é posible. Hai historias de aventuras, mulleres intelixentes que vencen a brutalidade do rei, piratas, xenios, xigantes... De Persia a Exipto, da India ao Magreb, a forza da palabra sempre pode salvarnos das situacións máis complicadas.

No salón de actos, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Manoele de Felisa

Manoele de Felisa, cantautor galego con diferentes traballos publicados, ofrece unha actividade para lles achegar aos cativos e ás cativas o mundo da poesía a través das súas interpretacións musicais, así como algunha sorpresa lúdica para manter a atención e facela máis atractiva para o público infantil.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Galego

Rato canguro

Contacontos: David Pernas

Sinopse: A Fuco  tocoulle hoxe coidar dun bebé. Trátase de Cochín, un porquiño fillo duns amigos que hoxe van sair cear e precisaban alguén que lles quedase co fillo.

A merenda, o cambio de cueiro serán tarefas que mal que ben, Fuco  fará esta tarde. Tamén contará contos de porcos, que son os favoritos de Cochín  e axudarán a telo entretido

Galego

O berce das verbas

Foi una constante nos últimos anos que o público lle pedisen a Caxoto que creara un espectáculo de contos para cativos de 0 a catro anos. De aí xurde O berce das verbas onde a través da palabra contada, imaxes suxerentes, música en directo e a imaxinación colectiva iremos creando e recreando un espazo non que poidan soñar.
35 minutos de contos poboados de animais, viaxes espaciais, tronos reais, cantos de berce… que rematarán cun experimento sonoro onde as novas tecnoloxías póñense ao servizo do público.
 

Galego

Lavandeiras

Vero Rilo leva a súa especial sesión de narración oral ao redor dese oficio tan noso como o das Lavandeiras ao festival De Perto. A palabra contada, cantada ou rimada.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral