Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Albertadas

Sinopse: Alvertadas,  así é como chamaban os compañeiros de Alberte ás improvisadas que este se marcaba no escenario no seu primeiro grupo de teatro. É unha práctica á que lle colleu agarimo e que non abandonou xamais. Amigo de pintar saíndose das liñas, de camiñar ó marxe do rabaño, Alberte ofrece no seu espectáculo un monólogo fresco, orixinal e disparatado.

Máis dunha hora de risas onde se mesturan historias cotiás con surrealismo, verdade conesaxeración, destripada actualidade con chistes malos… Un cóctel perfecto de diversión tola.

Galego

Os dous de sempre. Cantareiras de Ardebullo

 

Elenco: Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán

Mucha e Nucha son unha parte imprescindible da historia do humor televisivo en Galicia. Queridas por centos de miles de galegos e galegas, déronse a coñecer polas súas aparicións semanais no Luar da Televisión de Galicia durante varios anos. E da televisión, aos escenarios das orquestras: percorreron (e percorren) Galicia durante o verán como prato forte das verbenas de infinidade de parroquias, nas que xa contan por centos as actuacións en directo.

 

 

Galego

A noite do capador

Por Josito ou Moncho, os personaxes que interpreta en Padre Casares e Era visto! coñéceno en media Galicia. Este lingüista metido a actor, mazaricano de trinta e oito anos, é xa un dos grandes da ficción no audiovisual galego.

Galego

Ratos de Lonxedetodo

Este ano na Biblioteca da Coruña Os Ratos de Lonxedetodo visitarán a sala infantil para compartiren con maiores e pequenos os seus contos favoritos:  

Ratos de Biblioteca: Especie de ratos que viven na aldea de Lonxedetodo. Cada certo tempo viaxan ata algunha Biblioteca para se comunicaren cos humanos, tentar contaxiarlles aos nenos e nenas o seu gusto pola lectura e coller contos prestados.

Actividade para nenos e nenas de máis de 3 anos de idade.

Galego

Tirando do fio

"Tirando do fio" é unha invitación a descubrir historias, a viaxar a países remotos, a namorarse e romper corazóns, a xogar coas letras e as palabras, a soñar...

Atréveste a tirar do fío?.

Para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos, na ludoteca.

Galego

Contos que alimentan

Espectáculo de narración oral a cargo de Raquel Queizás, para nenas e nenos de tres anos en adiante.

Sinopse: Os contos alimentan, por todas e todos é sabido, que mellor oportunidade para amosalo que participar nesta degustación. Se queres saber a que saben abre as orellas e bo proveito!

Galego

Vai de bechos

Un león, un rato, un sapoconcho, un elefante, unha mosca... Centos de animais poboan as historias, os poemas, as adiviñas e as cancións.

Animais, feras, bestas e demais bechos, grandes e pequenos, perigosos ou inofensivos, astutos ou inxenuos, serán os protagonistas desta
sesión de contos e poemas. 

 

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Dirixido a nenas e nenos a partir de 4 anos.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral